Inaugurado o pasado día 3 de xuño e a piques de empezar a funcionar, Adiante Mos é un novo centro de día de atención integral a persoas maiores, que ten como obxetivo xeral mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, tratando de recuperar, manter e incrementar o maior grado de independencia funcional e autonomía posible. Un motivado equipo de profesionais con experiencia encárgase de prestar atención ao benestar bio-psico-social das persoas usuarias do centro, potenciando e rehabilitando as súas capacidades cognitivas, funcionais e sociais. O afecto, agarimo, comprensión e cercanía que reciben as persoas maiores por parte destes especialistas é unha das premisas presentes en cada momento que realizan o seu traballo profesional.

O novo centro ofrece 40 prazas para maiores de 60 anos, destinadas tanto a dependentes con demencias, deterioro cognitivo, diversidade funcional ou mobilidade, como a persoas que desexen promover a súa independencia e calidade de vida. Poden asistir ao centro en xornadas de diferente duración, dende catro a doce horas ao día.

Adiante Mos, ubicado da parroquia mosense de Sanguiñeda, ocupa unha instalacíón de trescentos metros cadrados na que se atopa unha sala de recepción e despacho persoal, unha sala multifunción de perrucaría, fisioterapia e podoloxía, dous baños adaptados completos e unha gran sala polivalente aberta, na que comparten espazos comúns talleres, comedor, un punto de novas tecnoloxías, ximnasio, biblioteca e zona de relax e televisión.

Sala polivalente aberta con diversos espazos

O equipo multidisciplinar de profesionais, formado en diferentes especialidades, traballa conxuntamente coa idea común da integridade da persoa maior e a súa calidade de vida, sen perder de vista o trato agarimoso á persoa maior. Está formado por unha decena de especialistas: educadora social, psicóloga, traballadora social, integradora social, xerocultor, monitora de tempo ocio e tempo libre, perruqueira, fisioterapeuta, podólogo e logopeda.

Os servizos e programas básicos que ofrecen, sen coste adicional, se centran no apoio ás actividades básicas da vida diaria, información, valoración e asesoramento a familiares e persoas usuarias, promoción da mobilidade e saúde física, estimulación cognitiva e memoria, actividades de ocio e tempo libre, xestión de medicamentos e transporte (gratuito hasta un radio de 6 km).

As persoas usuarias acceden a programas de diversa índole como asesoramento social (sobre temas como a solicitude da Lei de dependencia ou de valoración da discapacidade asi como axudas técnicas, entre outras cuestión), acollida (no que tratan de facer máis levadeira e afable a integración do recén chegado ao centro), sanitarios (hixiene, hábitos saúdables e mobilidade), intervención familiar (información, orientación e asesoramento a familias e coidadores), e intervención terapéutica, con terapias funcionais, socializadoras, psicoafectivas e cognitivas. Adicionalmente traballan coa farmacia para xestionar os medicamentos tanto no centro como no domicilio, establecendo así un ciclo de seguridade)

Os usuarios que o desexen poden acceder a servizos opcionáis de comedor, con menús adaptados proporcionados por unha empresa de catering, transporte (hai catro rutas ao día para adaptarse ás diversas demandas, así como transporte á mediodía para os que estéan no centro a media xornada), perrucaría, podoloxía, logopedia e saídas especiais ao exterior.

Contacto do Centro de día Adiante MosC/Cerqueiras, 47 Sanguiñeda- MosTeléfono 886 31 82 10

centrodedia@adiante.org

Facebook: Adiante Mos