17 de mayo de 2019
17.05.2019
CONTENIDO PATROCINADO

Chus Garrote, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ponteareas: "Somos o único partido cun proxecto de cidade e de futuro"

18.05.2019 | 00:12
Chus Garrote, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ponteareas.

Chus Garrote nace un 26 de xaneiro de 1973 e é nai de dous fillos. A súa vida estivo ligada profesionalmente á dirección dunha pequena e mediana empresa do sector da hostalería durante máis de 23 anos. Ao tempo, comezou os estudos na carreira de Ciencias Políticas e da Administración na UNED.
Coñecida tamén pola súa implicación en diversos movementos asociativos de Ponteareas, na que destaca a da dirección da FANPO, hoxe é tenente de alcalde do Concello de Ponteareas, concelleira de Urbanismo, Vías e Obras e iluminación e secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Ponteareas

Cal é o balance que fai do seu paso polo goberno nestes catro anos?
É moi positivo, demostrándolle aos escépticos que a convivencia dun goberno tripartito é posible e ademais é beneficioso para o conxunto da cidadanía. A capacidade de goberno e de diálogo dos socialistas fixo que un goberno tripartito fose máis estable que calquera do PP e ACIP xuntos.

Esa estabilidade radica na transformación a unha nova administración saneada economicamente en tempo récord e sen ningún recorte en servizos. Sei que esta xestión é a menos visible, pero é fundamental para un futuro de oportunidades. Por iso, o seguinte paso era conseguir os 5 millóns de euros de fondos europeos desde a miña concellería para transformar Ponteareas nunha cidade de oportunidades, máis humana e de futuro.

Na presentación da súa candidatura anunciou un "proxecto de cidade". En que consiste?
Ponteareas é un auténtico diamante que ningún goberno da dereita soubo pulir. Eu quero pulir ese diamante. Temos un emprazamento estratéxico óptimo, cunha cidade como Vigo coa que compartimos sinerxías, e ademais temos talento e recursos.
Grazas aos 5 millóns de euros de fondos europeos e aos fondos propios que destinarei nos vindeiros anos, Ponteareas transformarase nunha nova cidade cun urbanismo do século XXI grazas ao plan de humanizacións que puxen en marcha nestes últimos anos e que deu comezo co primeiro tramo do Paseo Matutino. Unha cidade humanizada e da que nos sentiremos moito máis orgullosos. Ademais lanzaremos unha bonificación do IBI á primeira vivenda, á restauración de vivenda antiga e á instalación de renovables.
Pero ademais, impulsaremos un viveiro de empresas que xere novos postos de traballo e riqueza activa. Así mesmo, loitarei para que Ponteareas conte cun PXOM que outorgará seguridade xurídica aos veciños e ás empresas, crearei novos aparcamentos estratéxicos de calidade e gratuítos, e impulsarei unha plataforma de comercio electrónico para que o comercio local sexa máis competitivo.

Que vai pasar co PXOM?
O goberno de Ponteareas que eu represento actuou durante estes catro anos de maneira responsable e atendendo sempre aos intereses da veciñanza. O certo é que tras os recortes impostos pola Xunta de Galicia ao PXOM, Ponteareas viu como as súas posibilidades de crecemento limitábanse. Ante esas imposicións da Xunta, o meu goberno decidiu que a aprobación do Plan Urbanístico era prioritaria e a mellor decisión que se pode tomar, pois Ponteareas e os veciños necesitan a seguridade xurídica que permita crear empresas, emprego e prosperidade.
Belén Villar e Juan Carlos González Carrera, ACIP e o PP, están utilizando o PXOM de maneira electoralista e non lles importa dilatar canto lles veña en gana o crecemento de Ponteareas polas súa ambición persoal.
Os veciños agardan que os políticos estemos a altura das circunstancias. Non obstante, ao PP e ACIP sumóuselle Esquerda Unida no bloqueo de Ponteareas.

Nas eleccións xerais o PSOE foi o partido máis votado en Ponteareas. Cre que ese resultado é un vento de cola para a súa candidatura?
O partido socialista gañou por primeira vez unhas eleccións xerais en Ponteareas sendo a forza máis votada sacando 1000 votos de diferenza ao PP. Ningunha outra forza política na democracia foi quen de acadar ese cambio na correlación de forzas nunhas eleccións xerais. Iso é síntoma de que o partido socialista fixo as cousas ben en España, pero evidentemente tamén en Ponteareas. Os veciños e veciñas confían no PSOE, no seu programa e séntense identificados coa nosa visión de futuro; están vendo desde hai moitos anos como hai un proxecto de cidade en marcha, que sabe a onde vai e ese será realmente o noso vento de cola.

De que se sinte máis satisfeita nestes catro anos de goberno?
No meu goberno demostramos que era posible sanear as contas, ademais en tempo récord, catro anos antes do prazo, sen materializar ningún tipo de recorte en servizos e conseguindo un remanente positivo de tesourería. Cando o partido socialista entrou no goberno de Ponteareas tiñamos claro que sanear as contas era o primeiro paso para construír a cidade de futuro e oportunidades. Podo dicir que o conseguimos. Isto permitiranos ampliar servizos públicos e construír unha cidade de oportunidades e progreso nos vindeiros anos. Pero se teño que destacar algo en concreto é conseguir os 5 millos de euros de fondos europeos que transformarán Ponteareas.

Se tivese que enumerar 5 puntos a desenvolver no seu goberno, cales serían?
1. Urbanismo sostible e plan de humanizacións.
2. Smart City e servizos públicos de calidade no casco urbano e nas parroquias.
3. O turismo como un novo motor económico que veña da man do patrimonio cultural material e inmaterial.
4. A política social e a perspectiva de xénero como eixo transversal da nosa forma de traballar.
5. Viveiros de empresas e emprendemento

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook