Unha das especialidades con maior sona da Taberna o Quinteiro, en Souto de Vea, é o Salmón ao estilo Ximonde, unha receita coa que Chelo non deixa de sorprender aos seus comensais. Con todo, non deixa de ofrecer novas altrnativas a un peixe con tantas opcións como é o salmón. Así, nestes días está a ofrecer unha ensalada de salmón afumado con queixo afumado, sal negra e cebola crocante, así como croquetas caseiras de salmón e escalopinas de salmón á grella con crema de boletus. Se por algo destaca a Taberna O Quinteiro é polas súas elaboracións totalmente caseiras e con produtos autóctonos.