Cunha marcada aposta polo produto autóctono combinado con outros procedentes de cociñas tradicionais doutros países, Taberna Navegación, sita na Zoa dos Viños de A Estrada, ofrece menú diario cunha carta moi variada e actualizada segundo sexa a tempada, sempre na procura de produto fresco e de calidade. Ademáis, acolle xantares e ceas para grupos -mesmo ofrece esta posibilidade os domingos, cando os grupos son superiores a 12 comensais.

A súa proposta para a Festa do Salmón deste 2019 é un Rillette de salmón fresco e afumado con maionesa de curry de madrás sobre tosta, un prato que realza o sabor do salmón, e que se presenta en formato de rillette,unha presentación moi característica da cociña francesa.