Con medio século de andadura, o Restaurante Gran Vía de A Estrada leva dende 1969 deleitando aos seus comensais coas súas especialidades a base de paellas, ameixas e xarrete de tenreira estofado.

Manteñen unha marcada aposta pola cociña tradicional e na que se poden contemplar diversas variedades de elaboracións a base de salmón e que xa son un clásico na súa cociña, como son as croquetas de salmón, a empanada ou o salpicón, ademáis do clásico salmón á plancha.

Cun comedor con capacidade para ata sesenta comensais, ofrece de luns a venres menú do día, e conta con servizo de comida para levar. Para a edición do Salmón deste ano ofrecerán un Volaban de salmón e langostino.