O Bar Restaurante Andalucía non fallará á súa cita coa Festa do Salmón. Tanto é así que durante toda a fin de semana poñerán a servizo da súa clientela diversas elaboracións coas que sorprenderán aos padais máis esixentes. Para a xornada do sábado xa teñen preparada a súa tapa especial, á que lle puxeron o nome de salmón en camisa crujiente, e xa para o domingo propoñen tres tapas co salmón como protagonista:ensaladilla de salmón, tortilla rechea de salmón afumado e empanada de salmón ás finas herbas.

Bar Restaurante Andalucía ofrece menús do día e unha variada carta, e todo elo en pleno centro da vila, na rúa Calvo Sotelo. En varias das súas especialidades figura o salmón como ingredente principal.