Como calquera instalación, os sistemas de información das empresas están expostos a condicións climáticas críticas, desastres naturais, incendios, fallos técnicos, sabotaxes ou continxencias imprevistas que poñen en risco todas as medidas de seguridade establecidas de antemán. A transformación dixital das empresas converteu 'o dato' no principal elemento que cómpre protexer, non só como resposta ao compromiso co cliente final, senón tamén para axustarse á lexislación sobre protección dos datos que as empresas e institucións amorean e xestionan nos seus sistemas.

Por todo isto, para garantir a continuidade dun negocio é necesario implantar un sistema que asegure o 'risco cero' e evite interrupcións de servizo ou perdas de información.

R, aliñada co xeito de facer do Grupo Euskaltel, segue a apostar pola escoita das necesidades das empresas para lles dar unha solución axeitada aos seus requirimentos. Así, e grazas ao seu programa de alianzas cos principais socios sectoriais, o operador galego conta con solucións diferenciais para apoiar e asegurar que os centros de datos dos seus clientes estean sempre listos para ser usados cando máis se necesitan, evitando interrupcións e garantindo, desta maneira, a continuidade do negocio.

De Palo Alto a Galicia

De Palo Alto a GaliciaAo fío deste tema trascendental para asegurar o 'risco cero' na perda de información de negocios e empresas, R presentou recentemente, xunto con VMware (promotor da solución tecnolóxica) e Aldaba (no rol de 'integradores') as súas novas solucións na nube híbrida ('cloud' híbrida) e de continuidade de negocio. O auditorio de senllos almorzos tecnolóxicos na Coruña e máis en Vigo foron 85 decisores de 53 grandes empresas interesados en coñecer esta proposta innovadora, pois trátase da primeira referencia en Cloud Disaster Recovery Service e da primeira Cloud Federada Multisite desta tecnoloxía en toda España.

Estas solucións veñen a reforzar o catálogo de empresas do operador galego, situándoo na punta de lanza dos servizos na nube a nivel internacional, e son froito do traballo conxunto dos equipos galegos e do Grupo cos propios enxeñeiros de Palo Alto (California) para xerar solucións nesta liña que están a marcar a referencia no sector en todo o mundo.

Calquera empresa pode contratar estes servizos de R, na modalidade de 'pagamento por uso', teña ou non os seus sistemas na nube, para replicalos automaticamente na infraestrutura do operador galego e asegurarse de que o negocio seguirá operativo ante unha catástrofe, sabotaxe, ataque cibernético ou erro humano. Para isto, R pon a disposición do cliente o seu 'datacenter' ou centro de datos e o servizo de respaldo baseado na tecnoloxía VMware.

Solucións de continuidade?: imprescindibles

Solucións de continuidade?: imprescindiblesAs solucións de continuidade de negocio son un elemento imprescindible a día de hoxe en Tecnoloxías da Información, xa que están orientadas a un proceso de recuperación de servizos fronte a unha situación de desastre que poida provocar o corte parcial ou total das actividades dunha organización.

R ofrécelles diferentes ferramentas ás empresas que aínda non dispoñen dun plan de continxencia e queren acometelo sen necesidade de investimento e coas mellores garantías, baseándose no devandito modelo de 'pagamento por uso'. O seu 'datacenter' virtual privado conta con todos os elementos de cómputo, amoreamento e licenciamiento que precisan os sistemas das empresas. Ao tempo, presta conectividade da nube coas redes privadas de clientes, sen limitacións de ancho de banda e completamente securizadas. Todo iso, apoiado en centros de datos próximos e distribuídos en localizacións diversas do territorio que permiten unha solución sempre redundada coas garantías que ofrece estar avalado polo ENS (Esquema Nacional de Seguridade).

A súa alianza coa tecnoloxía de virtualización VMWare, líder no mercado, permítelle a R a xestión da solución en toda a súa extensión para ofrecer un respaldo seguro e un mantemento dos centros de datos das súas empresas clientes.

Ademais, estas solucións achegan outros valores engadidos coma a rendibilidade, xa que eliminan investimentos en infraestruturas e basean o seu soporte no pago mensual polos recursos que realmente se necesitan. E tamén a escalabilidade e flexibilidade adaptadas a cada momento e necesidade, sen esquecer a monitorización 7x24 e a existencia dun único interlocutor, áxil e experto.