A fin de semana do 1 e 2 de setembro, a Asociación Emgrobes celebra o X Concurso Canino Festa do Marisco, que terá lugar nas canchas de tiro da Illa da Toxa. Este ano, ao ser a décima edición do evento, a entidade, en colaboración con varios empresarios e coa axuda da Deputación de Pontevedra e o Concello de O Grove, quere realizar un evento de maior magnitude se cabe.

Así, ademais do xa famoso Concurso de Beleza, levará a cabo numerosas actividades relaccionadas co mundo canino, como a proba puntuable a nivel nacional Agility, que consiste en realizar varias probas de habilidade, ou monográficas como a do can de Palleiro, rotwailer e teckel.

Precisamente a monográfica do rotwailer inaugurará o certame, o día 1 ás 16.30 horas. Ás 17.00 horas celebrarase a de teckel. O domingo día 2, a monográfica do can de palleiro terá lugar ás 11.00 horas. Os concursos e probas continuarán ao longo de toda a mañá, e xa a partir das 16.30 horas, os asistentes poderán gozar coas probas finais. A entrega de premios pechará o certame, ás 18.00 horas.

Un ano máis, o número de inscricións supera os 250 participantes, así como tamén se espera a visita de cerca de 3000 persoas aficionadas e curiosas que se acerquen a ver dito evento.

Este concurso estase a consolidar como un dos puntos de encontro obrigado para os criadores de canes de beleza, ademáis de nacer coa pretensión de crear unha ponte entre a fin da temporada estival e a Festa do Marisco, que se celebra en outubro.

Un ano máis contando con todo este número de actividades para cans, que tan de moda está na actualidade, agárdase un éxito rotundo nesta primeira fin de semana de setembro.

Agility

AgilityO concurso Agility será un complemento ao concurso de beleza, no que os cans realizarán diferentes probas de habilidade moi vistosas para os espectadores. O horario da proba será o sábado 1 de setembro, de 17.00 a 20.00 horas, e o domingo día 2, de 10.00 a 13.30 horas. Pola súa banda, os concursos caninos de beleza especiales de razas celebraranse durante o domingo, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.00 horas.