Leva case catro décadas como concelleiro en Cangas e algúns máis de militancia política activa. Ten sido candidato nas municipais, autonómicas, estatais e europeas. Agora forma parte da lista por Pontevedra de En Marea, que busca ser decisiva no goberno da Xunta.

-Vostede agardaba estar máis arriba na lista, que dominan os membros de Podemos sobre os de Anova, da que forma parte...

-Non tiña máis expectativas porque non busco un posto. Nunha proposta de unidade popular é coherente que estean representadas todas as sensibilidades, pero penso que ao nacionalisno galego correspóndelle máis protagonismo.

-Pois non o din as enquisas nin o panorama político, que non se parecen aos de Cataluña ou Euskadi.

-A burguesía vasca e catalana impiden o terrible fenómeno do PP que temos aquí. E tamén aquí a esquerda nacionalista equivocouse ao non apostar pola unidade popular e debilitouse por falta de coherencia. Buscaron o chiringuito partidario en perxuízo dos intereses sociais e a defensa das clases traballadoras. E iso, sen dúbida, estalle pasando factura ao BNG.

En Marea

-O dereito a decidir e gobernar a nosa terra é un debate que sempre está aberto, pero ten que ser unha decisión colectiva e necesita un proceso de maduración, porque aquí aínda non hai o nivel de conciencia doutras nacións. Así somos o farolillo rojo na liga española e Feijóo segue como monaguillo das decisións de Bruxelas e Madrid.

-Segue a ser a opción máis valorada polos votantes...

-Os partidos hai que xogalos, ainda que estalles funcionando a política do medo que nos leva a un suicidio colectivo con precariedade, miseria e emigración. Por iso En Marea pide tomar conciencia, porque catro anos máis do PP poden ser demoledores para a sociedade.

-Algunha culpa terá a oposición de non dar alternativas.

-Certo. Hai que facer autocrítica polo mal que o está a facer a esquerda, que debe traballar máis para a derrota do PP ou reinventarse e xuntarse,porque a unidade popular pode ser imperfecta pero é necesaria. Non se entende como hai máis dunha opción de esquerdas frente ao PP, que aglutina a dereita.

-Os encuestas.html' target='_blank'>sondeos apuntan que encuestasEn Mareasorpasso, e sería determinante se o PP non goberna.

-Repito que os partidos non se poden dar por gañados a priori, porque os demais tamén xogan. En Marea representa a proposta de cambio máis ambiciosa, pero esa idea necesita maduración. Só se se traballa na mesma dirección e se é coherente cos sectores máis desfavorecidos pode haber resultados e solucións. Sería un paso de xigante eliminar ao PP do poder e librarse das súas políticas nefastas formando un goberno cun programa de cambio profundo e evitando repetir erros.

-Que aportaría a experiencia de Cangas a esa alternativa?

-A vía iniciada con ACE [Alternativa Canguesa de Esquerdas] é novedosa e recoñecida porque esa experiencia proxectouse en AGE e logo a En Marea, marcando o camiño para avanzar na unidade popular, que hai que mellorar e perfeccionar para derrotar a dereita.

-Cre que estes resultados

-Deberían servir para abrir un proceso de normalización política. En Navarra enténdense o PNV, Podemos e EH-Bildu. En Galicia, En Marea, o PSOE e o BNG. Por que non se pode formar en Madrid un goberno do PSOE, Podemos e os nacionalistas para desbancar ao PP? Sería unha opción progresista, avanzada e axeitada para resolver o problema territorial. Se o dereito a decidir se recoñece en Canadá ou Gran Bretaña, por que non aquí?

-En Podemos, Iglesias defende dar medo aos poderosos e Errejón seducir á maioría social. E vostede?

-Eu son de Beiras [ri]. A miña práctica é estar cos sectores máis golpeados e poñer entre a espada e a parede aos corruptos e ladróns.