-Durante a campaña expresou que Vigo e Lugo son cidades de referencia para vostede.

-Si. Creo que son referentes en España polas políticas sociais, entre outras cousas, como no seu momento foron referentes urbanos Santiago e A Coruña.

-¿Sería unha prioridade situar ao hospital de Vigo nun modelo de xestión pública?

-Queremos que a área sanitaria de Vigo, que é a que ten os maiores problemas de Galicia, teña uns servizos sanitarios públicos á altura das demáis. Neste contexto é clave a recuperación para o ámbito público do hospital, así como reorganizar os servizos no conxunto da área. Hay dispersión e algúns non están sendo utilizados.Merece uns servizos sanitarios á altura.

-O cambio das listas en Pontevedra causou malestar no seu momento. Serán quen de cerrar as feridas?

-Creo que nestes momentos todos os socialistas queremos derrotar a Núñez Feijóo e construir unha alternativa diferente. Considero que estamos nisto.

-Apostaría pola unión das universidades galegas?

-O modelo actual das tres universidades é perfectamente sostible pero teñen que colaborar moito máis. Abogaría por que o Consorcio Interuniversitario deixara de ser só un rótulo para ser algo máis potente e lograr un traballo conxunto.