Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xoan Bascuas: "Temos unha posición central; podemos coser un eventual goberno de cambio"

O "número 1" de CxG aspira a chegar ao Parlamento defendendo a súa postura "galeguista, progresista e socialdemócrata"

Bascuas, en campaña. // I. Abella

Hai catro anos o Bloque Nacionalista Galego sufriu varias escisións que deron orixe, entre outras formacións, a Compromiso por Galicia. Aquel ano, xa liderados por Xoan Bascuas, se presentaron, á carreira, ás eleccións autonómicas, onde conseguiron o 1% dos votos. Eses resultados melloraron nas municipais, cando obtiveron 41 representantes propios e participar en dúas coalicións. Seu máximo logro é a alcaldía de Lalín, con Rafael Cuíña. Di Bascuas que o que máis os diferenza doutras forzas é "o galeguismo", de aí que a maioría dos seus votantes sexan nacionalistas pero que pendulan cara o centro do taboleiro político.

-Cales son as súas expectativas de cara ás eleccións?

-O primeiro é ter representación no Parlamento, pero tamén ser a pedra angular sobre á cal coser un eventual goberno de cambio. Entendemos que Compromiso po Galicia pode ter unha posición central entre as diferentes forzas de cambio, que pode amalgamar ese acordo de goberno. E por outro lado, tamén dar a coñecer as nosas propostas e continuar co traballo de implantación territorial.

-En que espazo político sitúa entón a Compromiso?

-Somos unha forza política galeguista, progresista e socialdemócrata. Nós podemos achegar ao PSdeG a través do discurso socialdemócrata e podemos achegarnos ao Bloque e probablemente a En Marea a partir do discurso galeguista. Temos unha posición central que non de centro.

-Existes verdadeiras diferenzas entre estes partidos que menciona e Compromiso?

-Si, se poden ver no momento en que se confrontan os programas. O que é necesario é que haxa posteriormente a cordura, a capacidade de diálogo, de concertar e acordar entre as distintas forzas. Velaí a razón pola cal entendo que o papel de Compromiso por Galicia pode ser protagónico á hora de configurar esa alternativa de goberno.

-Sen embargo, á hora de presentarse, o partido decidiu que a candidatura fose individual.

-Porque hai cuestións de partido e concerto que fan que Compromiso por Galicia non se sinta recollido en ningunha alternativa. Compromiso por Galicia ademais encaixa perfectamente na demanda da meirande parta da cidadanía galega. O 66% dos galegos séntense tan galegos como españois, queremos que a xente teña un espazo no que se sinta recoñecido.

-Enfrontan a posibilidade de que esta decisión vos custe a representación no Parlamento?

-Non contemplamos a expectativa de quedar fóra, máis ben todo o contrario. Notámolo no feito de que fóramos excluídos do debate, que responde a algún tipo de interese e vouno deixar aí. En segundo lugar, á receptividade que está demostrando a cidadanía ás nosas propostas. Estamos a facer unha campaña de contacto directo coa xente, non estamos indo a mitins onde van os convencidos ou fanse demostracións de forza, senón que estamos na rúa reuníndonos con asociacións e falando coa xente, que nos expón os seus problemas e as máis das veces tamén as solucións. Consecuentemente temos unhas boas expectativas.

-Qué opinión ten sobre as Mareas? Apoiaría un goberno con elas a cabeza?

-O que eu poida opinar de En Marea, como de calquera outra forza política, non ten significación. O importante é o traballo que teño que facer para Compromiso por Galicia. Estou falando de maneira reiterada dun goberno de cambio. Nós o que teríamos que facer é promover un cambio de goberno pero sempre cun programa por diante.

-Cal é a súa principal preocupación sobre Galicia?

-Efectivizar unha ordenación do territorio, de aí se derivarían moitísimas actuacións, dende a ordenación do monte, a política contra incendios, o reequilibrio do interior coa zona atlántica, a industrialización... E logo, outro plano, sería o da política social, onde nós queremos utilizar un cuarto piar: non basta con falar de sanidade e educación pública, ou falar de garantir as pensións, hai que falar tamén de servizos sociais, e temos que convertelos nun elemento chave e decisivo para o deseño político de Galicia.

Compartir el artículo

stats