Galerías históricas
Chegada dos restos de Castelao a Galicia en 1984
Fai 40 anos, o 28 de xuño de 1984, os restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao retornaron a Galicia

Chegada do féretro cos restos de Castelado ao aeroporto de Lavacolla /
A data, aínda que celebrada, non estivo exenta de polémica. O polifacético escritor xa morrera en 1950 en Arxentina: os seu corpo descansaba no Panteón Social do Centro Galego. Porén, no 78, cando se recuperaron as liberdades democráticas, demandouse o seu retorno.
A petición chegou ao parlamento galego e foi aprobada. O día sinalado chegou e a benvida celebrouse nunha obra de tres escenarios, todos en Santiago de Compostela. A primeira parada foi o aeroporto de Lavacolla, despois nos exteriores de San Domingos de Bonaval e por último, no porpio interior do Panteón dos Galegos Ilustres.
Tanto no aeroporto coma en Bonaval, os actos estiveron envoltos nun ambiente de protestas e reivindicacións. Un sector do nacionalismo opoñíase a que os restos retornasen porque o autor, en "Sempre en Galiza" expresara a súa vontade de regresar cando Galicia fose "unha patria liberada". Tamén membros de Alianza Popular se mostraron remisos ante a nova.
Aquel día, durante toda a cerimonia, escoitouse "a Castelao no se traiciona" e "Galiza ceive, poder popular".
Suscríbete para seguir leyendo
- Las cofradías retiran lotes de almeja de las lonjas por la caída de precios
- El transporte escolar en Galicia, bajo vigilancia especial desde este lunes
- Hallado el cuerpo sin vida de un hombre en la antigua nave de Pescanova de Vigo
- Condenado un supermercado de Pontevedra por vaciar la taquilla de una trabajadora mientras estaba de baja
- El Plan del Ensanche contempla en Policarpo Sanz y García Barbón su semipeatonalización
- Ana Peleteiro se defiende de las críticas por su nueva casa
- La tragedia vuelve a golpear al Vigo más vulnerable
- Cuarentones que consumen ‘coca’: el perfil del infractor al volante en Vigo