Obituario
Morre Antolín Alcántara, histórico da CIG: «O seu exemplo ficará para sempre na memoria colectiva do sindicalismo»
Natural de Moaña, foi unha das persoas que liderou as mobilizacións no metal a comezos da pasada década en Vigo

Imaxe de arquivo de Antolín Alcántara, nunha mobilización do Metal en Vigo / JOEL MARTINEZ

A Confederación Intersindical Galega (CIG) trasladou este xoves o seu pesar polo falecemento, na madrugada de hoxe, de Antolín Alcántara Álvarez, militante de longa traxectoria no sindicalismo nacionalista e en organizacións políticas do nacionalismo galego. Na súa última etapa, Alcántara -de 70 anos- exerceu como secretario confederal de Negociación Colectiva da CIG. A central sindical expresou tamén as súas condolencias á familia e amizades do histórico sindicalista e destacou o seu «compromiso inquebrantábel» coa defensa dos dereitos da clase traballadora e coa loita por unha Galicia «ceibe e sen explotación».
Natural de Moaña, Alcántara era o maior de sete irmáns e estudou bacharelato no instituto de Cangas. Con 16 anos comezou a traballar na mariña mercante alemá como maquinista naval, unha experiencia na que, segundo a CIG, entrou en contacto por primeira vez coa «explotación de clase que marcaría posteriormente a súa conciencia obreira». Aos 21 anos incorporouse ao sector da automoción en Vigo, onde iniciou as súas primeiras loitas sindicais, para traballar despois no transporte e nas instalacións eléctricas.
Antolín Alcántara foi unha das figuras máis destacadas do sindicalismo nacionalista galego das últimas décadas. A CIG definiuno como un «referente humano, político e sindical» para varias xeracións de militantes e traballadores e traballadoras. Vinculado desde moi novo ás loitas obreiras e ao movemento nacionalista galego, «fixo da defensa da clase traballadora, da xustiza social e da liberación nacional e social de Galicia o eixo central da súa vida pública».
Especialmente ligado ás loitas do metal e do naval da comarca de Vigo, a central sindical subliña que estivo sempre «na primeira liña, ao lado dos traballadores, na defensa da negociación colectiva, dos dereitos laborais e dunha resposta organizada fronte á explotación e á precariedade».
Ao longo da súa traxectoria asumiu distintas responsabilidades dentro da CIG. No IV Congreso Confederal da central, celebrado en 2005, concorreu na candidatura encabezada por Suso Seixo e foi elixido secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral. A organización sindical salientou tamén a súa «capacidade de análise», a súa «firmeza ideolóxica», a súa «enorme capacidade de traballo» e o seu «compromiso permanente» coa CIG, co nacionalismo e coa loita colectiva. Nesa liña, lembrou o seu papel como voz crítica «fronte ás reformas laborais, ás políticas antisociais e á perda de dereitos da clase traballadora».
Co falecemento de Antolín Alcántara, a CIG considera que desaparece un compañeiro «imprescindible» para entender a historia recente da central sindical e das loitas obreiras e nacionalistas de Galiza. «O seu exemplo de entrega, coherencia e compromiso —engadiu a organización— ficará na memoria colectiva do sindicalismo nacionalista galego e de todas as persoas que compartiron con el a defensa dunha sociedade «sen explotación, máis xusta e plenamente libre»
- Un vigués pide el indulto para su hermana, condenada en A Lama a seis años de prisión y diagnosticada de TEA tras los hechos
- La familia de una joven que sufrió un traumatismo craneoencefálico grave reclama al Sergas ampliar la rehabilitación
- Giro del Supremo con los proyectos eólicos paralizados: el tribunal ya no garantiza el derecho a conectarse a la red
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- Así será el futuro hotel balneario de As Caldas, con categoría 5 estrellas, vistas al Miño, servicios de salud termal, ocio y restauración
- Irlanda certifica que los parques eólicos pueden «convivir» con nasas o palangre pero lo descarta con redes de arrastre
- Radiografía de los centros comerciales de Vigo: entre la plena ocupación y la reinvención para buscar un punto de inflexión
- Un juez de Vigo da la razón a una vecina y anula una sanción por cambio de uso de trastero a vivienda sin licencia