Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O prezo da luz e a enerxía eólica

O prezo da luz e a enerxía eólica

A cobertura da demanda eléctrica con enerxía eólica nunca estivo por debaixo do 20%, e mesmo chegou a acadar un 47% en plena treboada Filomena. En termos xerais, os prezos altos do mercado déronse en horas con menos dun 35% de cobertura, mentres que os prezos normais se deron con porcentaxes superiores ao 37%.

Se analizamos unha hora con prezo moi alto (121 €/MWh), entre as nove e dez da noite do 9 de xaneiro, pode verse que había unha demanda inusual de electricidade para un sábado pola noite de 33,1 GWh –un 13% máis que hai un ano cando era de 29,3 GWh–. A achega da eólica a noite do tirón era dun 27,5% a menos de 5 €/MWh. A subida de prezos extraordinaria ocorre cando a demanda sobrepasa os 27 GWh, e cada xigawatio por hora a maiores multiplica o seu prezo. A conclusión é que se non houbese eólica, o prezo do mercado sería aínda moito máis elevado. Isto é o que ten que saber a sociedade, a enerxía eólica, fonte limpa, é a nosa mellor ferramenta para baixar o prezo da factura eléctrica aos consumidores.

Subida da luz por exceso de dependencia exterior cando apreta o frío e peche social polo recrudecemento da pandemia son razóns actuais que nos poñen, de novo, fronte á necesaria competitividade empresarial. Nun escenario tan cambiante e efémero, derivado da emerxencia sanitaria, cómpre agarrarse con forza ao estratéxio. No plano industrial Galicia debe apostar pola Transición Enerxética aplicando políticas dirixidas a sentar bases firmes e sostibles. Cómpre planificar, máis ca nunca, a medio e longo prazo aproveitando que estamos no inicio dunha lexislatura, fóra de urxencias electorais. As empresas e o emprego agradecerano.

*Presidente da Asociación Eólica de Galicia

Compartir el artículo

stats