Deixounos definitivamente José Posada González, amigo leal, infatigabel defensor de Galicia, suas liberdades, sua economia, e sua xentes, desde todos os eidos em que traballava e postos que ocupou, como o empresariado, a investigazom, a Presidencia da Caixa de Aforros de Ourense ou o Parlamento europeio; as castañas e o viñedo forom seu campo de estudo preferente, dignificando e elevando a categoria de excelencia tanto o viño das nosas D.O. como a transforacion da castraña en marron glace.

Viaxeiro asiduo e com percepciom de todo o que o rodeava, abriu mercados em Rusia e paises da sua influencia, Japon, Angola, Mozambique, Chile e outros paises da America do Sul, e inevitavelmente Europa, dos que sempre regresaba con novos coñecimentos e inquedanzas; autor de numerosos libros sobre o viño e a viña, deu ao prelo o primeiro estudo sobre as castes e potencialidades dos viños galegos e con posterioridade outros libros sobre a mesma temática e o divertido e imprescindivel polo seu fondo contido "Metafísica do viño": era home de vastisimos coñecimentos e considerabel cultura que se transmitia na sua conversas, nos seus escritos e nos seus libros, varios deles inéditos, e nas suas conferencias; home optimista e de um fino sentido do humor que deixou reflectido nas convocatorias para os cofrades da Irmandade dos Vinhos Galegos, da que alem de fundador, dinamizador e alma mater, era Secretario Perpétuo.

Distribuiu com enorme xenerosidade alegria e ilusión entre todos os que tivemos o privilexio de tratalo. Todos perdemos algo valioso, seus amigo a unha persoa entrañabel, legal e sincera, dadivosa e magnánima; nosas viñas e adegas un home que deitou amor e dedicacion sobre elas para darlle a importancia que acadaron; as castañas seu mellor divulgador; a cultura galego un vulto de cuia importancia ainda non fica a suficjente noticia; e Galicia un home que acreditaba nela e que loitaba por proporcionarlle um futuro esplendeoroso.

Forzoso Pepe que choremos por ti, ainda que me consta que detestabas os choros e fuches todo alegria. Adeus.

*Avogado e amigo fraternal do finado