Os símbolos de Galicia son dabondo coñecidos pola súa poboación, xa sexan os máis obvios e oficiais ou os interiorizados na identidade do pobo. Os aspectos que explican ese arraigamento son descoñecidos para a maioría dos habitantes da comunidade, que ignoran cuestións como a maneira en que calaron na memoria colectiva unindo a homes e mulleres de condicións e crenzas dispares.

A historia que se esconde baixo as nosas iconas combina relixión, política e o drama da emigración con lendas e supersticiones arraigadas na terra.

Aínda que algunhas incógnitas permanecen sen despexarse, unha análise da procedencia deste símbolo axúdanos a comprender mellor porqué sentimos identificados na súa presenza.

A bandeira de Galicia sufriu numerosas transformacións ata definir o seu formato actual. Na Antigüedade, o seu uso estaba estritamente reservado á guerra; talvez por iso a insignia branca orixinal pasou a tinguirse de vermello sangue para despois recuperar o branco orixinal co que os rexionalistas identificaban o pobo galego fronte á bandeira predominantemente vermella de España.

Xa no século XVII, a bandeira galega imitaba a cor branca do escudo en numerosas publicacións, incluíndo tamén o copón amarelo e as cruces prateadas.

Pero o emblema tal e como o coñecemos agora non xurdiu ata o século XX, cando se introduce a polémica banda celeste que os nacionalistas defenderon con ardor.

Primeiro adoptárona os emigrantes para máis tarde ser recoñecida pola Galicia peninsular. Segundo a crenza popular, os emigrantes que embarcaban rumbo a América relacionaban o azul coa maioría das bandeiras dos países aos que recalaban, polo que mesturaron o branco da súa patria co azul da que lle acolleu. Outras versións atribúen a banda celeste ao mar de Galicia ou ao cruzamento do río Miño pola comunidade galega, aínda que o curso transcorre na dirección contraria á reflectida.

O primeiro escudo de Galicia data do século XV e consistía nun sinxelo copón, aínda que o cáliz como Santo Grial xa aparecía documentado séculos antes. A perda de forza expresiva durante o Renacemento provocou que o copón fose substituído polo cáliz, conservando o pan eucarístico para reforzar a mensaxe anterior.

A custodia apareceu no século XVII, aludindo ao privilexio de expor constantemente o Santísimo Sacramento na catedral de Lugo. Logo engadiuse ao cáliz de ouro e á hostia de prata sobre un fundo escuro seis cruces primeiro ribeteadas) que sumarían unha para imbolizar o sete cidades do Reino de Galicia. Presidía o conxunto a ornamentada coroa, probándose esta versión en 1972 a man da Real Academia Galega

O Camiño de Santiago creouse tras o descubrimento do sepulcro do Apóstolo co fin de unir aos cristiáns de todo o continente europeo, ademais de recadar fondos para que as monarquías españolas puidesen facer fronte aos mouros. A isto contribuía tamén a imaxinaria do Apóstolo como guerreiro. Críase que o po levantado polos pés dos peregrinos elevábase para formar a Vía Láctea, e a cidade de Santiago pasou a coñecerse como "Campo de estrelas" (Compostela).