A arte, protagonista do Camiño
Igrexas, castelos e mosteiros para o deleite dos peregrinos

Vista nocturna do mosteiro de Samos. // M. Núñez
Redacción [VIGO]
O Camiño de Santiago está cheo de mostras de arte de todos os tempos e estilos. Pero se un estilo caracteriza a Catedral compostelá é o Románico, que precisamente se desenvolveu no occidente europeo durante os séculos XI, XII e parte do XIII, coincidindo coa época de maior apoxeo das peregrinacións a Compostela. Esta corrente naceu en Francia e caracterízase polos arcos de medio punto, as paredes grosas e pouca luz, todo o contrario que no Gótico. Ao longo do Camiño Francés, a ruta máis transitada polos camiñantes, poden atoparse os seguintes monumentos, que son só unha pequeña mostra do arte do Camiño:
Colexiata de Roncesvalles. O monumento máis importante da primeira etapa do Camiño Francés é a Colexiata Hospital de Santa María de Roncesvalles, unha igrexa formada por tres naves. A súa construción está baseada na catedral gótica francesa de Notre Dame.

A arte, protagonista do Camiño
Moseiro de Leire. O mosteiro de San Salvador de Leire tivo moita relevancia na historia de Navarra e aínda que non existen referencias sobre a data da súa fundación, aparece citado nalgúns documentos do ano 851. A finais do século X, as tropas de Almanzor destruíron a construción prerrománica, pero grazas ás donacións reais puido reconstruírse no 1022 e recuperar o seu esplendor.
Igrexa de San Pedro da Rúa de Estella. Esta igrexa é a máis grande e antiga da localidade navarra de Estella. O edificio construíuse no último cuarto do século XII e a comezos do XIII, polo que se combina o estilo románico e o cistercense. Atópase xunto ao Camiño de Santiago, no alto dun risco dende onde domina toda a cidade.
Castelo de Javier. O reino de Navarra é terra de castelos e na Idade Media alzáronse numerosas fortalezas, aínda que en 1516, o cardenal Cisneros mandou derribar a maioría. Na actualidade, consérvanse bastantes como o de Javier, un castelo- palacio do século X, que nas súas orixes foi unha atalaia de vixiancia.
Mosteiro de San Juán de Peña. É un dos mosteiros máis antigos que se atopan ao longo do Camiño. O monumento sitúase preto de Jaca, a antiga capital do reino de Aragón. Antigamente foi o lugar de refuxio para os cristiáns que foron perseguidos polos moros durante a ocupación musulmana.
Sant Domingo de la Calzada. A Catedral de El Salvador de Santo Domingo de la Calzada álzase sobre unha primitiva igrexa e construíuse no ano 1105. En 1158 pasou a ser colexiata e en 1232, catedral. O edificio é un dos mellores exemplos españois da arquitectura protogótica e nela conviven diferentes estilos como o gótico, o barroco e o románico.
Catedral de Burgos.. Esta catedral é un dos monumentos máis importantes de España. En 1984 a Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade e convertiuse no único templo catedrático que recibiu esta distinción na Península.
Igrexa de San MAtín de Frómista. Situada na provincia de Palencia, está considerada como a obra máis pura do estilo románico, que alcanzou a súa máxima perfección grazas ao conxunto e equilibrio entre a arquitectura e a ornamentación escultórica.
Mosteiro de Samos. O mosteiro benedictino de Samos contou coa protección de reis e papas e construíuse en diferentes períodos. Nel atópanse estruturas románicas, góticas, renacentistas e barrocas. A pesares de que o templo conformouse ao longo dos séculos, o conxunto arquitectónico actual procede case todo dos séculos XVI ao XVIII.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Lista de espera para desbrozar fincas: «Hoy tuve que decir no a tres clientes»
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- El instituto Rosais II logra la nota más alta de Galicia en la Selectividad
- El melanoma no siempre comienza con un lunar en la piel: síntomas y cómo detectarlo a tiempo