A sociedade galega comeza a valorar o traballo que leva unha peza de elaboración artesá
A viguesa gañou xa dez premios polo seu labor artesán e artístico, entre os que se atopa o premio da Artesanía de Galicia

A sociedade galega comeza a valorar o traballo que leva unha peza de elaboración artesá
Javier H. Rodríguez [Vigo]
Fai máis de 20 anos que Marta Armada (Vigo, 1967) comezou a estudar cerámica na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Logo, cando se lle quedou pequeno, decidíu marchar a Madrid para perfeccionar a súa técnica na Escuela de Cerámica de la Moncloa. Dende pequena tíñao claro, o seu amor pola pintura e a escultura acabaron por converxer na súa destreza para a elaboración de obxectos e xoias. "É curioso porque a miña nai pintaba, un dos meus irmáns é fotógrafo e o outro, xornalista" di mentres explica que malia non seren unha familia de artesáns, a vea artística é innegable.
Marta ten claro que é necesario fomentar os valores da artesanía entre as galegas e os galegos, xa que "por desgraza, vaime mellor fóra que aquí, aínda que é certo que agora estase a poñer de moda a cerámica e cada vez hai máis xente interesada nos nosos traballos". Pouco a pouco, a sociedade galega empeza a valorar e entender o traballo que leva facer unha peza, aínda que a artesanía nunca poderá competir coas grandes marcas, nin en prezo, nin en produción, mais Marta tampouco o pretende.
Cando fala do futuro do negocio e de se a cerámica acabará por converterse nun artigo de luxo, esta artista e artesá é optimista: "eu polo menos, vivo disto, mais hai que adicarlle moito traballo e dedicación. Por iso tamén teño coleccións máis asequibles e outras máis artísticas con diferente prezo, para poder chegar a tódolos públicos".
As novas tecnoloxías
É verdade que pode parecer que unha artesá empregando as novas tecnoloxías na súa disciplina puidera perder a súa esencia, mais para Marta non é indispensable: "Eu estou sempre en evolución constante, tanto técnica, como artística. Día tras día vou experimentando, que é o único xeito de seguir medrando. As novas tecnoloxias sen dúbida poden axudar, porque coas redes sociais cada vez máis xente pode ver o meu traballo e, aínda por riba, chega máis rápido a eles. Con todo, só funciona se estás enriba e, para min, non son realmente imprescindibles".
-Cal era o papel da muller cando empezou a traballar e como foi evolucionando?
Eu penso que agora hai máis mulleres, pero que tamén hai máis homes. Dende a miña perspectiva, que é a que teño por dar cursos intensivos, a mayoría das que veñen sempre son mulleres, pero iso pasa en moitos campos da artesanía. Non sei se por curiosidade, pero pouco a pouco nótase que se van incorporando máis homes.
-Terá tanta importancia que a túa disciplina sexa a cerámica?
Claro, realmente o que eu fago é xoiaría e a mayoría son obras enfocadas a un público feminino. Aínda así, hai pezas que tamen se poderian poñer homes, mais terían que ser moito máis atrevidos. Despois están as pezas puramente artísticas, como son os obxectos, que gardan unha memoria máis íntima, retrincos das miñas vivencias. Quizais estes sexan aptos para tódolos públicos, sen importar o xénero.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Lista de espera para desbrozar fincas: «Hoy tuve que decir no a tres clientes»
- «Convivo con el dolor extremo por neuralgia del trigémino»
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- El instituto Rosais II logra la nota más alta de Galicia en la Selectividad
- El melanoma no siempre comienza con un lunar en la piel: síntomas y cómo detectarlo a tiempo