Como valora o 2019?

Van xa 6 anos da chegada do grupo Oe+ a Lalín e trala súa implantación as expectativas iniciais superáronse con creces. A confianza dos nosos clientes tanto nos produtos coma nos profesionais dos nosos centros auditivos é a mellor publicidade que a día de hoxe estamos tendo. Así é como a piques de pechar o ano en curso, temos datos xa que nos falan dun incremento do 23% nas consultas en audioloxía respecto do ano anterior. Ao reforzo con novo personal así coma a inversión en recursos materiais para mellorar as técnicas de axuste personalizado dos audífonos deron o seu proveito. En concreto coa inclusión dende primeiros de ano da Psicoacústica; método co que conseguimos que máis do 85% dos clientes aumentasen o nivel de satisfaccion co uso dos seus audífonos ao mellorar a sensación sonora unha vez adaptados.

Para o ano próximo farase algun investimento máis ou xa están satisfeitos coa equipación e servizos que ofrecen?

Para o ano 2020 a intención é seguir a invertir para aumentar a carteira de servizos que ofrecemos tanto aos clientes actuais coma ós que aínda non o son. A nosa teima é, xunto con dar o mellor servizo e produto posible a un prezo xusto para o cliente, innovar e destacar ante a nosa competencia. Ainda que actualmente contamos con 3 sedes para toda Galicia, para 2020 queremos ser centro de referencia para a realización de probas audiométricas na poboación pediátrica. Contamos cun proxecto ambicioso e ilusionante que será levado a cabo por personal especializado e con ampla experiencia, no que se integrará a consulta audiolóxica con servizos como a rehabilitación auditiva e logopédica. E por último, tras unha formación específica levada a cabo entre os anos 2018 e 2019 ofreceremos a posibilidade de realizar PEATC (Potenciais Evocados Auditivos de Tronco Cerebral) a clientes e profesionais do sector que estén interesados.

ADHEAR, oír sen cirurxía

No eido dos produtos auditivos, a novidade coa que contará Oe+ en 2020 chega da man da empresa austriaca Med-El coa que o grupo ven de pechar un acordo coa sua filial en España, polo cal Oe+ poderá adaptar e vender o sistema ADHEAR.

En que consiste exactamente este sistema?

O ADHEAR é un revolucionario sistema de conducción ósea que axuda ás personas con hipoacusia conductiva ou hipocusia profunda unilateral (neste caso enviando o sinal ao oído bo). O innovador deste sistema recae en que non é necesario someter ao cliente a unha cirurxía. Aquelas personas que non cumplen criterios ou non desexan operarse, teñen aquí unha posibilidade para probar e mellorar. O dispositivo conta cun deseño elegante e sitúase á altura da apófise mastoides a través dun sistema de 2 pezas: un finísimo adaptador adhesivo e o procesador de audio.

Mellor previr?

Sempre que sexa posible, sí, claro. Dende Oe+ promovemos a prevención para conservar o oído natural; co uso de tapóns para o baño/piscina, protectores para entornos ruidosos, e cun control das intensidades e das horas de exposición a fontes de son de máis de 70dBs. Por último aproveitar esta entrevista para dar as grazas a todos aqueles clientes que durante o 2019 confiaron en Oe+ para revisar e coidar da sua audición e animar a aqueles que ainda non o fixeron a que aposten por unha mellora na sua saúde como agasallo para este Nadal.

Felices Festas do Equipo Oe+