Inauguración
A Casa das Letras da Estrada acolle unha exposición sobre Castelao
Redacción
A Casa das Letras da Estrada inaugura hoxe a exposición itinerante «Castelao Grafista. Facsímile», producida por Afundación Obra Social Abanca, en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia. A exposición saiu á luz no marco das celebracións do Centenario da Xeración Nós (1920) e, logo de pasar por varios municipios galegos, chega á capital estradense para enmarcarse nun 2026 que foi declarado Ano Cultural Virxinia Pereira, na honra dunha estradense que foi clave para a conservación do legado de Castelao.
A mostra quedará instalada na Casa das Letras ata o vindeiro 1 de outubro e poderá visitarse de xeito totalmente gratuíto. Estará dispoñible de luns a venres en horario de 09.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.30, podendo visitarse tamén os sábados (de 10.00 a 13.30 horas).
O caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico e político constitúe o foco desta exposición, que reúne unha ampla selección das súas múltiples facetas. O proxecto busca divulgar a obra dun dos creadores e ideólogos galegos máis singulares, co obxectivo de que a poboación coñeza e goce das súas creacións e das súas importantes achegas á nosa historia máis recente.
Castelao grafista. Facsímile ten como comisario a Miguel Fernández-Cid. Reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao. Ademais, conta con obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así,os visitantes poderán gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas, así como ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo