Premio literario
María Montserrat Varela gaña o Avelina Valladares de poesía
A autora impúxose entre as 25 obras presentadas con «Consciencia da impermanencia», e será o seu primeiro poemario publicado

O xurado e a concelleira de Cultura despois do fallo do premio. / FDV_Externas
O Premio de Poesía Avelina Valladares xa ten gañadora para a súa trixésima edición. O xurado do certame, convocado polo Concello da Estrada en lembranza da poeta da Ulla e como homenaxe ao seu legado literario, elixiu hoxe a obra presentada por María Montserrat Varela Vázquez baixo o lema "Fendas na brétema". Aberta a plica, desvelouse que o poemario gañador leva por título "Consciencia da impermanencia".
A obra foi seleccionada entre as 25 propostas que concorreron a esta edición. O xurado destacou especialmente a súa estruturación e valorou "a harmonía do día dende o amencer ao solpor pasando polo atardecer", así como o percorrido por "paisaxes claras" nas que o saber, a procura e o querer completan unha vida asentada na esencia que define cada persoa.
O fallo produciuse na Sala de Xuntas do consistorio estradense, onde se reuniu este luns ás 10.00 horas un xurado integrado por Xoán Carlos García Porral, Constantino Regueira Paz, María Begoña Porto Brea, Esteban Folgar Brea e Dolores Araújo Arias, que exerceu como secretaria.
María Montserrat Varela Vázquez é natural de Santiago de Compostela e reside en Arzúa. Traballadora social de profesión, conta xa cun recoñecemento no ámbito literario e cultural: en 2025 obtivo o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais por un ensaio presentado baixo o lema "Trazos da escolma da cultura".
A noticia do fallo comunicoulla a concelleira de Cultura, Lucía Seoane, despois de abrir a plica. A autora recibiu a chamada mentres se atopaba traballando na documentación para unha nova obra e asegurou sentirse "moi emocionada", especialmente porque "Consciencia da impermanencia" será o primeiro poemario que publique.
A entrega do Premio Avelina Valladares terá lugar o vindeiro 26 de novembro no Teatro Principal, dentro dunha nova edición da Festa da Poesía que volverá converter o Teatro Principal nun punto de encontro para a creación literaria. O galardón está dotado con 2.000 euros e contempla ademais a publicación da obra por Edicións Fervenza, que permitirá achegar o poemario gañador aos lectores. O acto de entrega será aberto ao público da localidade. Durante o acto tamén se porá en valor a figura de Avelina Valladares, escritora á que está dedicado o certame e cuxo legado continúa presente na cultura da comarca da Ulla.
- El convento de Vilavella vuelve a la vida: GBC Hoteles invierte casi 10 millones para convertir el edificio del siglo XVI en un complejo hotelero con spa
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- El germen de un icono futbolístico y urbanístico de Vigo
- Lalín dijo sí a sus dos primeras novias
- Evacuado un marinero por un accidente a bordo de un palangrero a 15 millas al oeste de las Cíes
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia