Ao pé do Farelo
Envellecer, lei de vida

Envellecer, lei de vida
Envellecer é sentir que nos imos facendo invisibles lentamente, case sen decatármonos, molestamos a todos, en todos os lugares e a todas horas. Os vellos resultan molestos e inservibles porque dan traballo e producen repelús.
Envellecer é estar e sentirse sempre e a todas horas cansado sen saber a razón nin o motivo. Ter consciencia das túas limitacións físicas e mentais e da fraxilidade dos teus recordos pasados, decatarse que xa non es aquel que sempre fuches e que non recoñeces no espello abafado do baño cando te miras nel.
Envellecer é camiñar sobre o fío da navalla de perderte para sempre no baleiro da nada, ou aínda peor, deixar de ser, para tan só vexetar nun curruncho esquecido nalgunha residencia, asilos mortuorios onde agardar polo final.
A nosa vellez empeza a ser unha realidade tralo instante seguinte no que descobres que os teus soños, aqueles de sempre e sempre incumpridos, se converter n nunha delicada porcelana chinesa coa que adornar unha estantería de vellos e empoados, coma ti, libros, entre cuxas follas amarelentas quedaron atrapados para sempre xamais aqueles soños e ilusións que foron quedando polo camiño da vida.
Envellecer é facer mutis polo foro, despedíndose de todo o que fuches conseguindo con tanto traballo e esforzo, e que agora carece de sentido e importancia, cousas inútiles, porque o único que de verdade importa é vivir, e apurar cada instante coma se fora o derradeiro.
Envellecer é arrepentirse do que fixemos e do que xa non poderemos facer xamais, dos éxitos, os fracasos as decisións oportunas ou erróneas, porque vivir é ir tomando camiños descoñecidos neste labirinto diario no que permanecemos atrapados coma un Teseo mitolóxico máis.
Envellecer tamén significa ter moitas experiencias vividas e ter desfrutado delas, sen anclarse no pasado, pero sabendo que está aí. Significa ter feito amigos ó longo da vida e desfrutado e desfrutar deles, os que aínda nos acompañan, e dende logo despedir e despedirse.
Envellecer, como dixen ao principio desta miña reflexión, é facernos invisibles para os demais, pero nun absurdo paradoxo, moito máis visibles para nós mesmos, conscientes do que somos e do que fomos, plenos de sabedoría e experiencia, aínda que sexa desaproveitada nas mais das ocasións, polos que terían que beber e aprender dela, para non cometer os nosos mesmos erros, unha e outra vez.
Envellecer é acercarnos a morte, ou tal vez a outra vida, Eu non o sei, pero si sei que imos en sombra, a escuras cheos de engurras e feridas co paso medido e as mans temorosas de vida. Din os que saben moito mais ca min, que envellecer é «Lei de vida»55.Quizais. Quen sabe.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo