Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Arquitectura

Os camposantos de Lalín que inspiran a Emma Pedreira

No seu libro «As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos» a escritora coruñesa visita as tumbas da vella necrópole do casco urbano, así como a de Vilatuxe e a de Barcia

Tumbas antropomorfas xunto á iglesia de Barcia.

Tumbas antropomorfas xunto á iglesia de Barcia. / Bernabé / Javier Lalín

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Salomé Soutelo

Salomé Soutelo

Lalín

O cemiterio da Romea, rebautizado trala profunda reforma e ampliación como A Fraga do Alén, é un dos tres finalistas do X Concurso de Cementerios de España, un certame que organiza a empresa Enalta para demostrar que os espazos funerarios non se limitan a ser un lugar de despedida. Por algo en alemán non se fala de cemiterio, senón «Friedhof», que literalmente significa «campo de paz». Os camposantos serven para o eterno descanso dos defuntos, pero tamén para que os vivos poidamos reflexionar, aproveitando o silencio que mora neles ou, incluso, para ler en espazos que agora adoitan ter zona verdes. Ocorre na Fraga do Alén e desde hai moitas décadas (permítanme volver a Centroeuropa) no cemiterio xudío de Praga, onde repousa Franz Kakfa.

É outra escritora, máis cercana, a que demostra o valor como espazo de desconexión e como exemplos de arquitectura, xa antes da Fraga do Alén. Emma Pedreira publicou en 2024 «As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos». Percorreu camposantos das catro provincias e, nas terras da de Pontevedra, fixo paradas en tres necrópoles da cabeceira comarcal dezá, nun capítulo que bautiza «Lalín, de Maior a Menor». A escritora coruñesa lémbranos que persoeiros como Laxeiro, Ramón Aller, Joaquín Loriga e Xosé Cuiña escolleron como morada eterna a terra que os viu nacer (un en Botos, o outro en Donramiro, Loriga en Losón e Cuiña en Prado).

Pedreira apunta que o que coñecemos como cemiterio vello foi pagado pola Sociedad de los Hijos del Partido de Lalín e como necesidade a cubrir unha demanda que xa acabara coas prazas do de Donramiro. Os fondos para esta obra foron recaudados en 1905, e ascenderon a 20.000 pesetas, 120 euros de agora. O espazo foi consagrado en 1914, e na porta destacan dúas gadalas e reloxos de area, como símbolo da morte e da vida, que logo pasa. Aquí está soterrado outro persoeiro de Lalín, Alfonso Sucasas, e entre as esculturas podemos contemplar a da tumba da familia Payo Cangado.

Persoas no cementerio vello de Lalín, polo Día de Defuntos.

Persoas no cementerio vello de Lalín, polo Día de Defuntos. / BERNABE/JAVIER LALIN

Por recomendación de Celso Fernández Sanmartín, Emma Pedreira visita o cemiterio de Vilatuxe porque aquí hai unha tumba que só loce o nome de "José". Noutras, percibe que se abrevian os nomes para que caiban nos espazos. Pedreira remata a súa viaxe no cemiterio de Barcia, para contemplan as tumbas antropomorfas, moi estreitas e de case dous metros de lonxitude. Lembra que, como manda a tradición fúnebre cristiá, as cabezas miran ao Oeste. Unha destas tumbas soporta un monolito cunha cruz latina, e antano atribuíanselle propiedades curativas da reuma á auga acumulan estas tumbas. Pero cunha condición: quen collese desa auga e a levase para a casa, tiña que devolver a mesma cantidade, como relata un veciño ao noso fotógrafo. Entre a veciñanza, estes sartegos antropomorfos coñécense como as tumbas de San Mauro.

Loito

Xa cara ao final do libro, Emma Pedreira recolle costumes vinculadas á perda dun familiar, como o loito. Unha veciña do concello coruñés da Laracha relatoulle que se o morto era de primero grao de consanguinidade (pais, nai, esposo ou esposa, fillo ou filla) o loito por el debía durar dous anos, e as mulleres non podían levar xoias, rir en público nin ir a bailes. Os homes e nenos, ademais, tiñan que levar un crespón negro ou algo negro na roupa. Polo resto de familiares, o loito duraba un ano. Se o defunto era un bebé con menos dun ano de vida, non se gardaba loito, xa que se daba por entendido que a súa alma ía ao ceo. Pero iso si, si se trataba dunha morte prematura ou dun aborto, a vestimenta non era negra, senón branca.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents