Memoria histórica
O Roteiro do Afranio no Trasdeza recrea a vida de Antón Alonso Ríos en Silleda
A proposta teatralizada do 12 de setembro percorrerá, en tres partes, a infancia, o pensamento político e a fuxida do galeguista tralo golpe de Estado

Actividades na Praza Siñor Afranio. / Bernabé / Javier Lalín

O Concello de Silleda, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña e o colectivo silledense SIC Iniciativas Culturais organizan o 12 de setembro o Roteiro do Afranio no Trasdeza, unha proposta teatralizada que combina memoria, historia, patrimonio e paisaxe para difundir a traxectoria de Antón Alonso Ríos, unha figura clave do galeguismo do século XX. Alonso Ríos naceu en Camporrapado, na parroquia de Cortegada, o 15 de agosto de 1887, e finou en Bos Aires en 1980. Volve cobrar vida da man de Moncho Fernández Leal, que interpretará a Afranio do Amaral, a identidade que adoptou Alonso Ríos durante a súa fuxida tralo golpe de Estado de 1936. As distintas paradas estarán acompañadas por contextualizacións históricas e xeográficas a partir dun texto de Julián Castro Vicente.
Para participar no roteiro hai que inscribirse no correo electrónico cultura@silleda.gal. O Concello vai habilitar un autobús que sairá ás 9.30 horas da Praza Siñor Afranio. A ruta estrutúrase en 3 partes. A primeia leva ao Alto de San Bieito do Candán, a serra na que se refuxiou Alonso Ríos e que ocupa un lugar destacado na súa obra «O Siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte. Memorias dun fuxido». A segunda parte, un percorrido a pé duns 2,7 quilómetros, parte da aldea de Freixeiro, en Laro, pra continuar por Oleiros ata Camporrapado. Haberá paradas na antiga Escola Rosalía de Castro, en Laro, inaugurada en 1917 e ademais o primeiro centro educativo que construiu no municipio a Sociedad Hijos de Silleda en Bos Aires. Este itinerario permitirá afondar tanto no papel que Alonso Ríos concedeu á educación e á cultura como ferramentas de transformación social como no movemento asociativo da emigración trasdezá. Durante a camiñata, haberá explicacións sobre a igrexa de San Miguel de Oleiros, os petróglifos de Penalonga ou a capela dos Aflixidos.
Rueiro
A terceira e última parte da xornada terá lugar na propia vila de Silleda e nun percorrido dun quilómetro permitirá descubrir a pegada deste galeguista na memoria colectiva. O itinerario vai transcorrer pola rúa Antón Alonso Ríos, a antiga Praza da Feira Vella, a praza do Siñor Afranbio e o entorno das rúas Progreso e Emilio Alonso Paz, para continuar por República Arxentina, Praza do Emigrante e rúa Sociedade Fillos de Silleda, entre outros puntos. Neste percorrido vaise abordar a relación da familia Alonso Rúis coa vila, posto que nela rexentou varios establecementos comerciais. Tamén serán protagonistas a emigración a Bos Aires, e o papel da Sociedad Hijos de Silleda, fundada na capital arxentina en 1908.
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo