Solidariedade
Agadea organiza uha andaina teatralizada pola Estrada
A iniciativa «Os Camiños da Memoria» farase o 18 de setembro e incluirá actuacións para sensibilizar sobre as demencias

Isabel Gey, Amalia Goldar e Sonia Castro, na presentación da andaina | CEDIDA
A Asociación Galega para a Axuda das Persoas con Demencia tipo Alzhéimer (Agadea) presentou este luns na casa do Concello da Estrada a IX Andaina Teatralizada “Os Camiños da Memoria”, unha iniciativa que volverá reunir á veciñanza o próximo venres 18 de setembro arredor da sensibilización e o apoio ás persoas con alzhéimer e outras demencias.
A actividade alcanza así a súa novena edición na Estrada, aínda que non se celebraba desde 2023, ano no que participaron arredor de 300 persoas. Nesta ocasión, a principal novidade será a incorporación da teatralización ao longo do percorrido, de maneira que a andaina combinará a actividade física con diferentes actuacións destinadas a achegar aos participantes á realidade das persoas que conviven coa demencia, a través de exemplos e situacións cotiás.
O percorrido terá unha lonxitude aproximada de seis quilómetros e unha dificultade baixa, polo que está pensado para facilitar a participación de persoas de todas as idades.
Na presentación participaron a concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar; a presidenta de Agadea, Isabel Gey; e a coordinadora da Área da Estrada da entidade, Sonia Castro. As responsables destacaron o carácter social da iniciativa, que busca implicar á veciñanza e visibilizar o apoio colectivo ás persoas afectadas por alzhéimer ou outras demencias, así como ás súas familias e ás persoas coidadoras.
A andaina sairá ás 19.00 horas da Praza do Novo Mercado, mentres que a recollida de camisetas comezará ás 18.30 horas. Ademais do percorrido teatralizado, a xornada contará con música en directo, avituallamento e photocall.
Inscricións abertas
A inscrición xeral ten un custo de 7 euros e inclúe camiseta e mochila para as persoas participantes. Tamén se habilitou un dorsal 0 solidario de dous euros para aquelas persoas que desexen colaborar con Agadea aínda que non participen na andaina.
Os menores de 12 anos poderán participar de maneira gratuíta. Por cuestións relacionadas co funcionamento da plataforma de inscrición, deberán aboar inicialmente os sete euros, que posteriormente lles serán devoltos.
As inscricións poden realizarse a través da plataforma online habilitada pola organización ou presencialmente no Centro de Día de Agadea na Estrada, entre as 10:00 e as 19:00 horas. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co teléfono 693 92 94 33.
Tanto Agadea como o Concello da Estrada animan á veciñanza da vila e da contorna a participar nesta cita, que pretende converter o 18 de setembro nunha xornada de convivencia, solidariedade e compromiso coa memoria.
Premio SIMBAD
Durante a presentación tamén se deu a coñecer otra das grandes citas de Agadea para este mes. Trátase do V Premio SIMBAD 2026, cuxo acto de entrega terá lugar o xoves 10 de setembro, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e da Madeira (MOME) da Estrada.
O galardón recoñece cada ano a mellor obra de literatura infantil e xuvenil relacionada coa memoria e o alzhéimer. O acto será de entrada libre, estará presentado por Pablo Chichas e contará coa actuación en directo de The Bichos Band.
Deste xeito, o Premio SIMBAD, o 10 de setembro, e a IX Andaina «Os Camiños da Memoria», o 18 de setembro, situarán A Estrada como escenario de dúas das principais actividades de sensibilización promovidas por Agadea nas datas previas ao Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora o 21 de setembro.
- Iago Rodríguez, el ourensano que repartió pizzas para pagarse la licencia de piloto y ahora protege los montes gallegos desde el cielo
- El joven ourensano Pablo Freire conquista su segunda medalla de oro consecutiva en la Olimpiada Iberoamericana de Matemática
- Vigo registra la mayor tasa de ingresos con covid de Galicia tras más que duplicarse en una semana
- Un amplio dispositivo policial frena el intento de suicidio de un joven en el puente de Rande
- El rural ourensano revive: un concello de 550 habitantes busca reabrir su escuela tras 17 años cerrada
- Abal: «La Diputación contraprograma A Defensa da Vila con Carlos Núnez en Aldán»
- Protestas en el IES de Teis por la eliminación de horas para el mantenimiento del equipo informático
- Nuevo hito a la vista en Vigo con la nueva grada de Gol, con el objetivo de estrenarla en el derbi: ya está todo preparado para empezar a «teñirla» de azul