Historia e patrimonio
Cristimil celebrou o San Roque
No lugar de Quintá naceu o agrarista Ramón González Vigide (1854 –1931), un dos fundadores da Sociedad de Agricultores de Gresande en 1906 e da escola laica de Porreiros, que levaría o seu nome en 1922

Procesión nas festas da parroquia lalinense. | D.G.A.
A pasada fin de semana os veciños de Cristimil celebraron a súa tradicional festa do San Roque, con misa solemne e procesión arredor da igrexa coas imaxes do santo, unha vella talla policromada do século XVIII que portaban os homes e a da Virxe do Rosario, algo máis nova, que levaron as mulleres ao compás do grupo de gaitas Repenicando, que tamén ofreceu un concerto. Na véspera, o sábado 15 celebraron unha cea popular con empanada, polbo, carne o caldeiro, pagada a escote polos veciños e para animar a noite tiveron ao DJ Smile. Non é esta a única festa que se celebra, xa que en abril, teñen a do San Xurxo, tamén con dous días de festa, coas tradicionais poxas de carne, venda de varas para o gando e estampas do santo milagreiro, que axudan a pagar a festa.

Ramón González Vigide. | D.G.A.
A igrexa actual, escenario da celebración, é barroca e atopase entre os lugares de Sanxurdo e Quintá, logo de que a antiga, que debeu ser románica e da que só queda o topónimo no lugar onde se dí que estaba situada preto da aldea de Cristimil, para ser trasladada a este novo emprazamento a finais do século XIX, aproveitando a pía bautismal e unha vella imaxe de madeira do San Xurxo coa espada loitando co dragón que ten aos pes, e tamén un sartego de pedra, que agora fai de bebedeiro na aldea. Malia terse construído hai pouco maìs dun século, esta igrexa parroquial presenta regañas na bóveda e no arco triunfal, que fan temer o colapso do teito e do tellado, se non se toman as medidas urxentes e se proceda a reparar este evidente perigo, que mesmo pode causar desgrazas persoais.

Ponte medieval de dous ollos sobre o Asneiro. | D.G.A.
Non lonxe da igrexa, a dereita do camiño que vai o lugar Quintá, hai unha fonte chamada do San Xurxo, que en tempos puido ser milagreira, pero agora precisa un milagre para librala das silvas que a esconden e privan beber a quen ten sede.

O muíño da Grifa. | D.G.A.
Cristimil, anda polos 150 habitantes e a mediados do século XIX pasaba dos 400, repartidos en sete lugares, sendo o maís poboado deles o de Sanxurdo, razón pola que entre os paisanos se coñeza por este nome a parroquia. Aquí xúntanse o Deza e o seu afluente o Asneiro, que fan de lindeiros con outras parroquias dos municipios de Lalín e Silleda. A estrada que vai de Prado a Vilatuxe, salvaba o río Asneiro pola antiga ponte de dous ollos deste nome e agora hai unha nova a par, e ata hai pouco íase a Bendoiro pola de Castro, construída a medidos do pasado século, que levou unha enchente e por ser privada ninguén arranxa, o mesmo ca de madeira que ía aos muíños do Concho en Donsión e o do Conde en Prado, ambos fora de uso dende hai décadas, o mesmo ca os pasos que hai augas abaixo, antes do muíño e a fervenza da Grifa, que ofrecen un fermoso conxunto que paga a pena ollar. Para atravesar o Deza, compre ir ata a ponte de Oleiros, baixo a que en cora para mover un muíño e serve de praia natural aos veciños da zona, e nalgún tempo, podíase atravesar por onda o muíño de Quintá, para ir as feiras de Camporrapado en Cortegada, sen ter que rodear ata antiga ponte Taboada, na veciña parroquia de Prado.

A fervenza da Grifa.
No lugar de Quintá naceu o agrarista Ramón González Vigide (1854–1931), un dos fundadores da Sociedad de Agricultores de Gresande en 1906 e da escola laica de Porreiros, que levaría o seu nome en 1922 e (permítasenos unha mención persoal, irmán do noso bisavó paterno, Daniel González Vigide), que foi o seu máis estreito colaborador, aos que os investigadores Manuel Igrexas, Xosé Manuel Malheiro, María Seijas e Eladio Rodríguez, rescataron do esquecemento cos seus artigos biográficos, que nos han valer para a publicación dunha merecida biografía que estamos a facer.
Preto do lugar de Mato hai un castro que estragou en boa parte a estrada de Prado a Vilatuxe, no que ben puido atoparse un machado de cobre que garda o Museo de Pontevedra, e aínda a toponimia e a tradición oral, dan conta de outros dous enclaves castrexos na parroquia. Deixar constancia da antiga torre con escudo no lugar da Cima, que foi dos Taboada, Toubes e agora da familia Fondevila Blanco, na que destaca o seu hórreo de cinco claros. Tamén compre mencionar a Piñata do Entroido, que os veciños compartían cos de Gresande e a Banda de Música La Artística de Sanxurdo, que deixou de soar, cando a Guerra do 36 e a emigración americana, marcharon con boa parte da xente nova.
Suscríbete para seguir leyendo
- Iago Rodríguez, el ourensano que repartió pizzas para pagarse la licencia de piloto y ahora protege los montes gallegos desde el cielo
- El joven ourensano Pablo Freire conquista su segunda medalla de oro consecutiva en la Olimpiada Iberoamericana de Matemática
- Vigo registra la mayor tasa de ingresos con covid de Galicia tras más que duplicarse en una semana
- Un amplio dispositivo policial frena el intento de suicidio de un joven en el puente de Rande
- El rural ourensano revive: un concello de 550 habitantes busca reabrir su escuela tras 17 años cerrada
- Abal: «La Diputación contraprograma A Defensa da Vila con Carlos Núnez en Aldán»
- Protestas en el IES de Teis por la eliminación de horas para el mantenimiento del equipo informático
- Nuevo hito a la vista en Vigo con la nueva grada de Gol, con el objetivo de estrenarla en el derbi: ya está todo preparado para empezar a «teñirla» de azul