Patrimonio
Soutolongo honrou a Santa María
A parroquia ten catro pazos, sendo das que máis casas fidalgas ten en Galicia. O máis sobranceiro, pola súa construción e conservación, é a de Des, no que naceu o vicerrei do Perú, Francisco Gil de Taboada e Lemos Villamarín
A parroquia lalinense de Soutolongo celebrou a pasada fin de semana festas na honra da patroa Santa María, con misa cantada, procesión, sesión vermú, xantares nas casas, verbena coa música do dúo Cristina e Lucía; e o grupo Apolo, no propio día da festividade e na véspera, o 14 pola noite, a Festa do Mexillón, que vai pola XVIII edición, na que preto dun milleiro de comensais deron conta de 700 quilos deste marisco traído do Grove e non faltou o polbo e outras típicas viandas, e despois verbena que animaron a charanga Ardores e o DJ David Expósito.
Aínda que os actos relixiosos se anunciaban no espléndido campo da festa, que a parroquia ten onda o centro social, foron na igrexa parroquial, oficiados polo párroco José Ramón Pena, e as mulleres encargáronse de levar as andas da imaxe da Santa María, patroa da parroquia nesta festividade da Asunción aos ceos. É esta unha fermosa imaxe das de vestir, non tan antiga coma varias das moitas que se gardan nesta notable igrexa que pertenceu á Encomenda de Beade da Orde Militar de Malta, reedificada no gótico tardío do século XVI, ampliada pola fachada no barroco imperante no século XVIII e rematada a torre no neoclásico de finais do XIX, con retablos e imaxes das mesmas épocas e estilos, que ollaron e estudaron os membros do Seminario de Estudos Galegos hai cen anos, deixando debuxos, fotos, planos e documentos; e tamén puideron contemplar as pinturas murais renacentista de finais do século XVI da sancristía, non así as que agochaba o retablo principal da igrexa, que foi retirado hai tempo e colocado onda a parede da nave coas súas variadas imaxes, polo que agora poden ollarse tamén as pinturas do presbiterio con escenas bíblicas e a Asunción da Virxe María que preside este templo dedicado á Nai de Deus. O que si puideron retratar foi unha fermosa cruz procesional de prata do século XVI, tallada no taller de Antonio Arfe, que non ollamos agora no templo. Tamén chamaron a súa atención, e a de outros investigadores, os sepulcros xacentes, algúns deles e con escudos fidalgos das familias que moraron nos catro pazos da parroquia. O tellado da igrexa precisa unha urxente reparación que evite maiores males ao templo e ao valioso patrimonio que garda no seu interior.
Soutolongo ten catro pazos fidalgos, polo que pode presumir de ser unha das parroquias de Galicia que máis posúe. O máis sobranceiro, pola súa construción e conservación, é o pazo de Des, no que naceu o vicerrei do Perú, Francisco Gil de Taboada e Lemos Villamarín (1733-1810). No lugar do Pazo hai dúas casas fidalgas con escudos dos Alonso Gundín e dos Infanzóns de Soutolongo, que retratamos co permiso dos actuais propietarios da familia Miranda e do outro lado do río Asneiro, que atravesa a parroquia, a casa de Viñoa, malia súa sinxela e sobria construción, loce un par de antigos escudos dos Taboada, Núñez, Camba e poida que Fróiz, xunto con outras outras pedras con gravados. Mesmo fronte a esta morada fidalga hai unha casa señorial de maiores dimensións e boas feituras, construída no século XIX, que foi dos Taboada e repartida entre dous propietarios, con solaina, hórreo de cinco claros, e tamén capela, aínda que sen escudo de armas, que tampouco teñen as dos Nóvoa en Carracedo, antiga torre fortaleza reedificada no século XIX e a de Carballo en Vilar, que en cambio ten un hórreo de seis claros que pasa por ser o maior da parroquia. Fronte a esta casa de Carballo hai outra casa, medio en ruínas, que debeu ser importante a xulgar pola antiga solaina e perpiaños de boa cantería que teñen os muros que aínda lle quedan.
Soutolongo, que non chega aos 300 habitantes, que se reparten en 11 lugares, a un e outro lado da estrada que vai de Lalín a Vilatuxe, debe o seu nome aos extensos arboredos de castiñeiros e carballos que aínda perduran. A maiores desta festa da patroa, Soutolongo celebra a Pascua e nalgún tempo o Santo Antonio; e, na capela que ten en Lodeiro, ao San Caetano tamén se lle fai romaría anual.
Suscríbete para seguir leyendo
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Un motorista herido tras chocar contra un furgón de limpieza en Vigo
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- «Nuevo Zumaya», otro que marcha a Namibia: Galicia pierde cuatro veces la capacidad de la flota de Gran Sol con los éxodos a África
- El nuevo «Silicon Valley» gallego se estrena en Vigo
- EE UU aborda y destruye el atunero ecuatoriano «Montecristi» por su supuesta vinculación con el narcotráfico