Entrevista | Francisco Javier Vázquez Maneiro Cantante e compositor
«A miña maior motivación reside na nova oportunidade que me deu a vida de nacer»
«Estou centrado no presente e en facer que a xente volva namorarse da miña música»

O cantante e compositor Javi Maneiro actúa este xoves no XXVII Bandeirock de A Bandeira. / Martín Blanes
O rock galego ten este xoves unha cita ineludible coa enerxía e a experiencia de Javi Maneiro, que pisa o escenario do XXVII Bandeirock , como parte da programación da Festa da Empanada de A Bandeira, nun momento vital e artístico moi especial. O que fora líder de formacións históricas como Jabón Blue ou Herdeiros da Crus preséntase agora en solitario, cunha proposta renovada que mestura temas inéditos, nostalxia e a actitude reivindicativa de sempre.
Que significa para vostede actuar nun festival con tanto prestixio e historia no rock galego como é o Bandeirock?
É un festival con prestixio que lle da a oportunidade a un músico que acaba de estrear a súa banda e que ten moitos problemas para tocar, e eles confían e danme esa oportunidade. Polo tanto, para min é unha honra e un orgullo que me chamen.
O público da Bandeira e da Festa da Empanada é coñecido por entregarse ao máximo. Como se prepara para conectar con esta enerxía tan particular desde o escenario?
Ultimamente estou indo entrenar tres días á semana co adestrador de atletismo do club de Barbanza. Xa levo indo un tempo para atoparme físicamente o mellor posible, e logo mentalmente estou súper forte. Ademais practico moito en casa e creo que o resto xa vai innato á forma de ser e de estar no escenario, e se o público reacciona creo que pode ser un bonito concerto.
Que tipo de repertorio vaise atopar neste concerto? Haberá un repaso polas súas diferentes etapas musicais ou centrarase máis nos seus temas máis recentes en solitario?
Ademais dos meus temas en solitario, tamén farei un repaso pola miña etapa en Jabón Blue e interpretarei dúas canción de Herdeiros da Crus, que me gustan moito e que foron bastante maltratadas.
Despois de décadas de traxectoria sobre os escenarios e de liderar proxectos históricos do rock na nosa terra, que sente ao mirar atrás e ver como as súas cancións seguen a marcar varias xeracións?
É moi bonito. A verdade é que ser unha voz recoñecida dentro do panorama do rock en Galicia é marabilloso, e realmente miro para atrás simplemente para aprender de toda esa experiencia. Agora estou só centrado no presente e no futuro e en facer que a xente volva a enamorarse do que faga a nivel profesional.
Comezar novos camiños artísticos en solitario esixe reinventarse. Que lle achega esta etapa persoal respecto das súas formacións anteriores?
O que me gusta disto é que podo falar claramente do que vexo, con vistas de presente e acorde á miña forma de pensar de agora. Non me gusta pensar nin escribir tendo que poñerme na pel dun neno de 18 anos, porque a súa época de agora non é como a nosa. Síntome moi ben intentando ser o mesmo e falando desde o meu punto de vista persoal e sen ter que contentar a unha banda, polo feito de que temos un camiño marcado. A liberdade de ir en solitario date a posibilidade de facer o que queres.
Á hora de compoñer e pisar o estudo fronte a enfrontarse ao directo, onde diría que reside a súa maior motivación hoxe en día?
A miña maior motivación reside na nova oportunidade que me deu a vida de nacer, de reinventarme, de ser o mesmo e de poder ser feliz facendo o que me gusta.
Como consigue a inspiración para compoñer os seus temas?
A verdade é que non adoito buscala en ningún lado, simplemente me dedico a tocar e a facer un traballo diario de tocar, e as cousas xurden. Tamén depende do estado de ánimo no que estés. A inspiración vén a min dependendo do meu estado de ánimo. Cando estás mal parece que as sensacións están máis a flor de pel, entón se é capaz de profundizar máis. Tal e como estou agora quero escapar dese estado de ánimo e cantarlle a alegría, e ser un pouco reivindicativo, coma sempre fun, pero á miña maneira.
E voltando ao que é a Festa da Empanada na que vai a actuar, cal é o seu ingrediente indispensable para unha boa empanada galega?
Pois unha boa empanada de trigo e de berberecho, porque me lembra a cando ma facía a miña avoa. Nós íamos á praia e colliamos berberechos e xunto cunha fariña triga facía unha empanada que era un manxar do ceo.
Se puidese definir este concerto na Bandeira cun só título de canción, cal sería?
Está claro que sería A miña mellor versión, porque estou nese momento vital
Suscríbete para seguir leyendo
- Una joven denuncia una agresión sexual en Vigo por parte de cinco hombres
- Miguel Ángel Lotina: «La de mi Celta es la plantilla más completa que he entrenado»
- «Valoria B» y «Tumberry C», duelo de titanes en la ría de Aldán
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- Muere un septuagenario mientras se bañaba en una playa de O Grove
- Piden el cese del jefe de gabinete del vicepresidente de la Diputación de Pontevedra y él alega que era un «trend» de TikTok
- El tripulante detenido por la narcolancha de Portugal estaba escondido en las dunas de la playa