Sendeirismo
A ruta «As dúas beiras do Ulla» que discorre por Vila de Cruces e Touro celebrarase o 12 de setembro

Vista do río Ulla e de Ponte Ledesma, en Vila de Cruces. / Bernabé / Amanda Castro
Redacción
O programa de sendeirismo Goza do Ulla chega o vindeiro 12 de setembro a Vila de Cruces e Touro. «Os dous concellos unímonos para camiñar xuntos polas dúas beiras beiras do Ulla. É unha actividade compartida para gozar do Ulla e o patrimonio natural que nos une», tal e coma indicaba a concelleira cruceña de Deportes, Noemí Lois. Trátase dunha ruta circular de 10 km, de media intensidade, que discorre polos concellos veciños de Vila de Cruces e Touro. Esta ruta de sendeirismo fluvial permite coñecer a riqueza natural da contorna, a través de paisaxes de especial beleza e espazos de elevado valor ambiental, entre os que destaca a Fervenza de Rosende.
Será unha experiencia de contacto directo coa natureza e con entorno fluvial do río Ulla. Recómendase aos participantes que leven bastóns de sendeirismo e ao rematar a ruta haberá un avituallamento. A inscrición é obrigatoria e o prazo para realizala finaliza o vindeiro 9 de setembro. O punto de encontró será Ponte Basebe e a saída está previsto que se efectúe ás 10.00 horas.
A inscrición pode formalizarse no teléfono 986 582 017 ou ben mandando un correo electrónico á dirección noemi.lois@viladecruces.es.
Este é o segundo dos tres percorridos que o programa realiza pola comarca do Deza, xa que o pasado 1 de agosto abriron a participación en Agolada con Canle de Ramil e o 3 de outubro Silleda acollerá A Xunta dos ríos Deza-Ulla.
- El convento de Vilavella vuelve a la vida: GBC Hoteles invierte casi 10 millones para convertir el edificio del siglo XVI en un complejo hotelero con spa
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- El germen de un icono futbolístico y urbanístico de Vigo
- Lalín dijo sí a sus dos primeras novias
- Evacuado un marinero por un accidente a bordo de un palangrero a 15 millas al oeste de las Cíes
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia