Entrevista | Manuel Cuiña Fernández Presidente da Asociación Amigos da Empanada da Bandeira
«O medio século da Festa da Empanada é un fito importantísimo; para min, coma presidente, é unha responsabilidade grandísima»
«Para organizar un evento desta magnitude non se empeza ao rematar a anterior; hai que traballar con anos vista»

Manuel Cuiña ante o mural do 50 aniversario da Festa da Empanada da Bandeira. / Bernabé / Javier Lalín
A Festa da Empanada da Bandeira cumple 50 edicións consolidada como un referente cultural e gastronómico na comarca e máis aló. Manuel Cuíña Fernández (A Bandeira, 1966), é desde o ano pasado o presidente da organización dunha celebración nada dunha simple reunión de amigos que hoxe conta coa declaración de Interese Turístico Nacional. O programa de catro días cargado de actividades, música de primeira liña e o pregón a cargo do actor Carlos Blanco marcan esta edición especial que volve demostrar a implicación e o espírito festivo de todo o pobo.
Que significa a nivel persoal e coletivo alcanzar este medio século da Festa da Empanada na Bandeira?
Significa cumplir un fito máis. 50 edicións, porque hai que dicir que o medio século conseguise xa hai dous anos, porque houbo dous anos nos que non se puido celebrar debido á pandemia. Foi un fito máis que veu acompañado coa declaración da Festa de Interese Turístico Nacional, e agora a 50 edición é importantísima porque non todas as festas nin romerías chegan tan lonxe. É moi importante para o pobo, para a organización e para min, coma presidente, é unha responsabilidade grandísima.
Que implica para vostede estar á fronte da organización desta festa declarada de Interese Turístico Nacional?
Das responsabilidades que tiven neste pobo e neste concello, pois cando a directiva anterior, que tan ben o fixo e que botaron varios anos e é normal que estiveran cansos despois de tanto tempo e tras conseguir o fito de declarar a Festa de Interese Turístico Nacional, xunto co apoio de outras directivas que viñeron antes, cando decidiron que o deixaban, para min foi unha responsabilidade grandísima asumir facer a 50 edición. Tan pronto nos fixemos cargo da festa nos puxemos a traballar para esta edición. Foi unha responsabilidade grande, creo que llo debía a este pobo por todo o que fixeron por min, por todo o que me levan dado, e aquí estamos, traballando duro para non defraudar a ninguén.
Mirando cara atrás desde 1974, ¿como evolucionou a festa ao longo das décadas ata converterse no que é hoxe?
Daquela primeira festa, que non foi nin máis nin menos que unha reunión de amigos, foi pasando a ser unha xuntanza de familia e amigos e chega a ser, como é agora, unha reunión referente do pobo da Bandeira, e pasou a ser do Concello de Silleda e agora é referente de toda a comarca e de máis alá. Non cabe duda que a xente que nos imos a xuntar aquí o sábado, na Carballeira cenando, non é só de Silleda, porque terían que estar case o 100% dos veciños e veciñas. Foi evolucionando tanto como os seus galardóns o din. Estamos esta semana anotando as peñas, na Casa de Cultura, e veñen de todos os sitios, da comarca, de Tabeirós e tamén de lonxe. Veñen familias que nunca viñeran ata agora, que están no estranxeiro e que son de comarcas aledañas e que están de viaxe e non se queren perder a empanada. Foi evolucionando, sen perder o seu espírito, porque segue sendo unha festa familiar, pero agora é moito máis grande.
Esta edición chega cargada de actividades como o Bandeirock, o Esmorgafolk ou a tradicional ruta de empanadillas. Que novidades destacaría especialmente para este ano?
As novidades son precisamente o que engloban esas actividades. Está claro que son as mesmas que os outros anos, porque está comprobado que funciona, e o que funciona non se debe de cambiar. Botando un vistazo aos carteis tanto dos festivais coma do resto das actividades vese que, a 50 edición, como así o merecía, ten un pulo grandísimo de calidade. Se repasamos os festivais, tanto o rock coma o folk, vemos que hai máis grupos, hai sete en vez de cinco cada día e que son de primeira liña de Galicia. O propio día da romería vemos que o pregoeiro é de altísimo nivel, como é Carlos Blanco, e veñen dúas das mellores orquestas de Galicia e de España.
Como ben dicía, este ano o pregón corre a cargo de Carlos Blanco. Como xurdiu a idea de contar con el e que agardan da súa intervención?
Pola miña faceta no concello, tiven varios contactos con el, actuou varias veces en Silleda, do que nos sentimos moi orgullosos. Téñolle que agradecer moitísimo que puidéxemos contar con el. O ano pasado, na última actuación que tivo en Silleda foi cando lle propuxen ser o pregoeiro. El me dixo que estaba deixando os pregóns un pouco de lado, pero que para A Bandeira podía facer unha excepción, e é unha cousa que lle agradecemos moitísimo. Carlos Blanco é, sen dúbida, un dos artistas galegos de máis referencia moitísimo e significa moitísimo que nesta edición, de tanto calado, puidésemos contar con el. É un honor para nós contar con el.
Son catro días de programación. Como se organiza un evento desta magnitude e canto traballo hai detrás por parte da asociación e dos veciños para que todo saia perfecto?
As actuacións máis importantes, tanto as orquestas como o pregoeiro ou os grupos de máis renome que hai nos festivais, foron contratados o ano pasado, antes das festas. Isto quere dicir que non empezamos a traballar nesta edición cando remata a anterior. Hai que empezar a traballar con anos vista. Desde que remataron as do ano pasado, con traballo previo feito, a organización tivo que laburar seguido. Tivemos que diseñar o mural que conmemora o 50 aniversario, e todo o ano traballando moi duro para conseguir o que imos ter nos próximos días. O pobo tamén se suma, porque sen eles non sería posible. Un dos cambios que fixemos foi non facer o petitorio que se facía polas casas e lle pedimos aos veciños que fixeran achegas directamente no banco, e o ano pasado quedamos moi sorprendidos, porque recaudamos máis ca os anos pasados indo polas casas. E este ano, como é especial, esperamos que esa recadación aínda suba. Isto indica que é unha festa, pura e dura do pobo.
Para alguén que visite A Bandeira por primeira vez esta semana, ¿que segredo debe coñecer para saborear e desfrutar ao máximo desta festa e dunha auténtica empanada da zona?
As empandas a día de hoxe teñen pouco segredo, pero vai a descubrir algo que case ninguén que chega por primeira vez o tería en mente. Non só vai desfrutar das mellores empandas de Galicia, vai desfrutar dunha festa impresionante, para todo tipo de idades e con diversas propostas, pero vaise dar conta de que, as actividades comezan o xoves pero o luns xa estamos de festa. Vai descubrir un poco distinto e cun ambiente diferente, que é o que ven sendo A Bandeira durante todo o ano. Todo o mundo está nas rúas e vanse topar cun pobo contento e alegre.
Suscríbete para seguir leyendo
- El convento de Vilavella vuelve a la vida: GBC Hoteles invierte casi 10 millones para convertir el edificio del siglo XVI en un complejo hotelero con spa
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- El germen de un icono futbolístico y urbanístico de Vigo
- Lalín dijo sí a sus dos primeras novias
- Evacuado un marinero por un accidente a bordo de un palangrero a 15 millas al oeste de las Cíes
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia