In memoriam
Finou o neno lobo

Marcos Rodríguez Pantoja, en 2018. / Ricardo Grobas
Martiño Nercellas Méndez*
Marcos, o «neno lobo», estivo unha vez no colexio Xesús Golmar de Lalín falando de lobos. Tiven a oportunidade de compartir con el esa charla, avisáranme que viña e querían completar cos nenos e nenas cousas sobre as vida dos lobos.
O resultado seica foi, segundo contaron despois as mestras, que moitos nenos e nenas alí presentes ouvearon polas fiestras das casas antes de deitarse. Que ficaran abraiados coa súa historia e maneira de contala. A min pasoume o mesmo. Unha historia, a súa, para a que era bastante escéptico. Pensaba de antemán que algo habería pero dubitativo de que fora tanto como se falaba. Pero despois de escoitalo e coñecelo a miña idea mudou.
Lembro que primeiro falara el e escoiteino con moita atención. Nada máis rematar chamáronme para que subira falar, e o primeiro que fixen, de modo espontáneo e ocurrencia do momento, e sen coñecernos, foi achegarme a el e cheiralo polo pescozo, e despois polas costas, rodeándoo, como fan os cans cando se atopan, e sorprendeume a súa reacción. Pois sen mediar palabra, el colleu e fixo o mesmo e así dimos os dous unhas voltas diante de toda a rapazada, e quedaron entre medio asombrados e «estes están mal». Para min ese xesto seu foi suficiente para validar todo o seu relato de neno vivindo con lobos.

Marcos Rodríguez Pantoja ofreceu unha charla no CEIP Xesús Golmar de Lalín en 2016. / Bernabé/Javier Lalín
Foi na Serra Morena, nos anos 50, despois da morte do cabreiro co que vivía que o acollera tras estar agochado no monte fuxindo do maltrato que padecera polo seu titor, ata que no 1965 foi atopado e, dalgún modo, reinsertado á sociedade. En distintas culturas hai varios casos que describen historias semellantes, a del foi levada con éxito ao cine.
Na natureza, e en concreto con mandas de lobos, hai casos de interación e unha socialización estreita entre persoas e lobos, un comportamento que permitiu fai miles de anos a domesticación e aparición dos cans. Pois na dirección contraria, Marcos Rodríguez Pantoja foi exemplo á inversa, cunha experiencia vital de volver a instintos salvaxes en solitario, no medio do monte e sobrevivir , neste caso, compartindo o mesmo espazo e hábitos que a manda de lobos presentes nos aciñeirais e sobreirais da Serra Morena.
Viviu os seus últimos anos nunha aldea de Ourense, e despois da película, compartiu en moitos colexios aquelo que a el lle tocou vivir e sempre con palabras de fascinación polos lobos, a sús familia de neno. Esta noite haberá que largarlle un ouveo por Marcos e pola súa eternidade.
*Biólogo de Lalín
Suscríbete para seguir leyendo
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo