Entrevista | Diego Frade Amil Escritor
«Gustaríame que cada lector poida ter un anaco de Ponte consigo»
«Un dos obxectivos é conseguir atraer á xente nova para que coñezan máis da terra de onde eran os seus antepasados»

Diego Frade Amil na presentación do seu libro, Ponte: unha historia a carón do Deza, en Silleda. / Bernabé / Amanda Castro
A parroquia de Ponte, en Silleda recolle a súa memoria, tradicións e historia máis íntima nun novo libro que afonda nas orixes e na evolución deste territorio vencellado ao río Deza. A través dunha profunda investigación que combina arquivos históricos e testemuños veciñais, Ponte. Unha historia a carón do Deza rescata do olvido as pequenas grandes historias das familias que moldearon o día a día da zona. Unha homenaxe ás raíces locais, escrita por Diego Frade Amil (A Regueira, 1993), que busca achegar ás novas xeracións o legado dos seus antepasados e poñer en valor a identidade do lugar.
Cal foi a chispa ou o momento clave que o impulsou a decidiuse a escribir este libro sobre a parroquia de Ponte?
Creo que non hai un momento clave ou no que dixera que ía a escribir un libro. Simplemente como xa viña recopilando datos e xa tiña algún traballo feito no ordenador, o que decidín foi seguir ampliando a información e nun momento dado, dinme conta de que xa tiña forma para ser un libro.
Como definiría a relación histórica e emocional entre Ponte e o río Deza?
Eu creo que o río Deza para Ponte o é todo. Se non existise non podería existir Ponte. Foi unha terra na que sí ou sí tiña que pasar a xente entre dous puntos. Se estivera noutra localización ou non existise o río, Ponte non podería ser como tal. Non habería esa ponte que no seu momento deu nome ao territorio que rodeaba e que facilitou o paso entre ambas beiras. O río é fundamental na historia de Ponte, aínda que despois pareza que queda un pouco marxinado, pero sin o río a parroquia non tería sentido.
Canto tempo e que tipo de traballo de investigación hai detrás destas páxinas?
Hai moitas horas que dividiría en moitos aspectos. Por un lado, hai horas de escoita de historias que comezaron ao redor dunha mesa con meu pai, que grazas a el empezou o meu interese por querer saber máis de Ponte, e despois esas historias que me contaba foron dando pé a que eu á hora de buscar información me centrara en certos datos ou feitos para acotar a búsqueda e atopar documentos que axudaban a demostrar que eses feitos sucederan. A maiores, se pode acceder a unha gran cantidade de arquivos que están dixitalizados dende calqueira sitio. Tendo interese, porque sen el non se fai nada, e menos unha cousa desta, pódese acceder a unha cantidad inxente de información. Con esas cousas podes dar forma a unha historia aínda que sexa dun lugar pequeno ou concreto como é unha parroquia.
O libro aborda a evolución de Ponte dende as súas orixes. Cal considera que é o acontecemento histórico máis sorprendente ou descoñecido para o público sobre este lugar?
Descoñecido ou que xa se perdeu na memoria é o cambio da igrexa. Ata 1863 a igrexa de San Miguel estaba noutra localización, e foi nesa data na que os mandos eclesiásticos da época decidiron trasladar o culto á Capela dos Remedios polas deficiencias que tiña a igrexa. Foi un cambio que rematou sendo definitivo e eu creo que esa data é importante porque foi a que deu inicio a que eu avanzara con ganas na investigación da parroquia, e era unha data que se sabía pero que co paso das xeracións perdeuse a noción de cando exactamente tivera lugar. Considero que esta data e este feito foron fundamentais na historia e tamén descoñecidos por gran parte da poboación e da veciñanza.
A zona ten unha gran riqueza patrimonial e industrial, como a primeira central hidroeléctrica de Silleda. Que importancia tiveron estes fitos no desenvolvemento da parroquia?
Creo que Ponte axudou, dalgunha maneira, ao progreso non só da parroquia, senón de todo Silleda. Contribuiron ao desenvolvemento dunha economía baseada na terra e a moitas xeracións durante séculos a subsistir.
Que papel xogan as persoas e as historias humanas dos veciños e veciñais no libro?
Creo que é o fundamental do libro. Quizais noutros contextos, territorios ou realidades xeográficas hai historias de grandes casas nobles ou batallas. En Ponte, cando me preguntan que hai, pois non hai ningunha destas cousas pero sí que están as historias da xente que foron conformando este libro. Esas historias do día a día, das familias, de como subsistían. Creo que esas pequeñas historias de cada casa e familia son o punto central deste libro.
Escribir sobre a historia local é tamén un exercicio de identidade. Sente que este libro axuda a que os mozos e xeracións máis novas valoren máis as súas raíces?
Eu espero que sí. A verdade é que un dos obxectivos do libro era recoller esa tradición, historia e memoria parroquial, que nos sirva aos que estamos e tamén para atraer á xente nova para que coñezan máis da terra de onde foron os seus antepasados. Con este libro e estas pequeñas historias poden recoñecer e identificar aos seus antecesores.
Despois de mergullarse tan a fondo na historia de Ponte, quedoulle algún tema pendente sobre o que lle gustaría seguir investigando?
Queda moitísimo, creo eu. Para que saíse o libro había que parar nalgún momento e quedaron cousas. Dende que iniciei o proceso de impresión fun descubrindo algúns documentos que axubadan a completar cousas que quedaron abertas ou se podía conectar temas que quedaron sen relación. Aínda queda bastante, como a concentración parcelaria do século XX.
Que lle gustaría que sentise calqueira persoa cando peche a contraportada do seu libro?
Gustaríame que se levasen unha sorpresa, que descubrisen cousas que non coñecían, pero sobre todo que se lembre, que ao ler as páxinas deste libro lembre cousas que xa tiñan esquecidas, como era a vida na súa infancia e que poidan coñecer quenes eran os que os antecederon. Que cada un poida ter un anaco de Ponte consigo.
Suscríbete para seguir leyendo
- El convento de Vilavella vuelve a la vida: GBC Hoteles invierte casi 10 millones para convertir el edificio del siglo XVI en un complejo hotelero con spa
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- El germen de un icono futbolístico y urbanístico de Vigo
- Lalín dijo sí a sus dos primeras novias
- Evacuado un marinero por un accidente a bordo de un palangrero a 15 millas al oeste de las Cíes
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia