Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

En recordo

Pedre mantén viva a memoria de Francisco Arca e Secundino Bugallo

A Ponte do Barco acolleu a tradicional homenaxe aos dous dirixentes sindicalistas

Imaxe do acto organizado en Pedre. | CEDIDA

Imaxe do acto organizado en Pedre. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Cerdedo-Cotobade

A memoria volveu camiñar este xoves polas terras de Pedre. Como cada 13 de agosto, veciñas, veciños e integrantes do Colectivo A Lumieira reuníronse para render homenaxe a Francisco Arca e Secundino Bugallo, dous dirixentes sindicalistas e republicanos da comarca asasinados hai nove décadas por falanxistas.

A convocatoria arrancou ás oito da tarde diante da Casa do Pobo de Pedre. Desde alí, as persoas participantes emprenderon a pé o camiño cara á Ponte do Barco, lugar no que unha placa lembra os dous homes e onde, ano tras ano, se recupera unha historia que durante décadas permaneceu silenciada.

Unha vez alí comezaron as intervencións dos diferentes colectivos culturais e memorialistas participantes. A palabra deu paso tamén á poesía de Susana Sanches Arins e á música.

TEMAS

Tracking Pixel Contents