As Nosas Músicas
Couso converte a súa tradición nunha festa sen fin

Imagen: Javier Lalín (Bernabé) / Edición: Eli Regueira
A parroquia estradense de Couso viviu unha nova edición de As Nosas Músicas, unha xornada adicada á música e á cultura tradicional galega que combinou ao longo do día divulgación, artesanía e festa, para rematar pola noite con música e baile.
A programación arrancou pola mañá coa IV Mostra de Artesanía ANM e coa mesa redonda «A requinta da Ulla: pasado, presente e futuro», presentada por Pilar García Rego. O encontro permitiu achegarse á historia e evolución dun dos instrumentos máis singulares da música tradicional da comarca, así como ao traballo desenvolvido para a súa recuperación e aos retos que afronta a súa continuidade. A música tomou despois as rúas de Couso coa sesión vermú, protagonizada polos vellos requinteiros, A Requinta de Lampai e os cabezudos de Couso, nun ambiente festivo que serviu de antesala para o resto da xornada.
Pola tarde, As Nosas Músicas continuou con xogos tradicionais, a mostra de artesanía e a animación musical, antes de dar paso á iniciación ao baile tradicional. Xa pola noite, a festa trasladouse ao escenario e á pista de baile, con actuacións de Bouba, Carapaus, Coanhadeira e Caldos e os Rabizos, ademais da entrega do Premio ANM 2026 a Joaquín Espiño.

As Nosas Músicas de Couso / Fátima Seijo Fotografía

As Nosas Músicas de Couso / Fátima Seijo Fotografía

As Nosas Músicas de Couso / Fátima Seijo Fotografía

As Nosas Músicas / Bernabé/Javier Lalín

As Nosas Músicas. / Bernabé/Javier Lalín

As Nosas Músicas. / Bernabé/Javier Lalín

As Nosas Músicas / Bernabé/Javier Lalín
- El convento de Vilavella vuelve a la vida: GBC Hoteles invierte casi 10 millones para convertir el edificio del siglo XVI en un complejo hotelero con spa
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- El germen de un icono futbolístico y urbanístico de Vigo
- Lalín dijo sí a sus dos primeras novias
- Evacuado un marinero por un accidente a bordo de un palangrero a 15 millas al oeste de las Cíes
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia