Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Patrimonio

Silleda reforza o eixo turístico Toxa-Carboeiro cunha nova sinalización

Nova sinalización no eixo turístico Toxa-Carboeiro en Silleda.

Nova sinalización no eixo turístico Toxa-Carboeiro en Silleda. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Silleda

O Concello de Silleda vén de completar a nova sinalización turística da Fervenza do Toxa e da súa contorna, do Mosteiro de Carboeiro e do Sendeiro do Deza, a ruta que contecta estes dous importantes recursos naturais e patrimoniais do municipio.

A actuación permite reforzar a información e orientación das persoas visitantes ao longo deste eixo turístico, facilitando os percorridos e contrbuíndo ao mesmo tempo a unha mellor interpretación e posta en valor dos recursos culturais e patrimoniais da zona.

En total instaláronse cinco postes direccionais, catro paneis informativos e dúas mesas interpretativas, distribuídos en puntos estratéxicos como a contorna da Fervenza do Toxa, ao pé do inicio da ruta do Sendeiro do Deza e no Mosteiro de Carboeiro.

A nova sinalización contribúe ademais a reforzar a promoción do Sendeiro do Deza, unha ruta de dificultade Baixa que permite descubrir a pé algún dos espazos naturais e patrimoniais máis destacados de Silleda. O itinerario transcurre por zonas de especial protección e ofrece ás persoas visitantes a posibilidade de gozar dunha paisaxe de enorme valor ambiental seguindo o curso do río Deza.

O percorrido conecta ademais dous dos grandes referentes turísticos do municipio: a Fervenza do Toxa, unha das máis altas de Galicia en caída libra, e o Mosteiro de Carboeiro, considerado unha das grandes xoias do románico da comarca do Deza. Natureza, patrimonio e sendeirismo únense así nunha proposta especialmente atractiva para coñecer o territorio con calma e prolongar a estancia das persoas que visitan Silleda.

Sinais en dirección á Fervenza e ao miradoiro.

Sinais en dirección á Fervenza e ao miradoiro. / Cedida

Deste xeito, a nova sinalización permite ofrecer unha información máis clara ás persoas que se achegan a estes enclaves e facilita a conexión entre os distintos recursos turísticos, favorecendo un percorrido máis completo polo territorio.

A intervención enmárcase na actuación Ecoruta Galicia por dentro, integrada no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Deza-Tabeirós Terras de Montes, Os Camiños por Dentro, promovido e xestionado pola Deputación a través de Turismo Rías Baixas. O convenio contempla un investimento máximo de 17.750 euros, financiado ao 100% no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea -NextGenerationEU, do Estado.

O proxecto inclúe a instalación de elementos de sinalización turística interpretativa e direccional e recursos destinados a mellorar a accesibilidade, a orientación e a comprensión dos itinerarios e puntos de interese.

Tracking Pixel Contents