Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Memoria republicana

Cerdedo lembra ao alcalde Antonio Sueiro Cadavide

Imaxe do acto organizado onte no Campo das Laudas. |

Imaxe do acto organizado onte no Campo das Laudas. |

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Cerdedo Cotobade

O Campo das Laudas, en Meilide (Cerdedo), acolleu este xoves 13 de agosto unha homenaxe a Antonio Sueiro Cadavide, Antonio do Lagharto, alcalde republicano de Cerdedo e unha das figuras máis lembradas polo pobo da historia municipal. O acto, promovido polo Colectivo Capitán Gosende, naceu como resposta ao que o colectivo considera un «terríbel desaire institucional» e un agravio comparativo no recoñecemento da memoria republicana de Cerdedo.

Ao pé da lauda dedicada ao alcalde, fincada neste lugar hai case unha década, en agosto de 2017, depositouse unha ofrenda floral para reivindicar a súa memoria e a súa traxectoria. Labrego, canteiro, gaiteiro, emigrante, líder agrarista e alcalde republicano, Sueiro Cadavide foi vítima da represión desencadeada polo golpe de Estado de 1936.

O acto contou coa actuación do cantautor Tino Baz e coa presenza de David Otero, presidente da Fundación Alexandre Bóveda. Nun ambiente de lembranza e reivindicación, Capitán Gosende reclamou para o alcalde republicano de Cerdedo un recoñecemento á altura da súa figura.

Tracking Pixel Contents