Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Instalacións municipais

Forcarei denuncia actos vandálicos nas súas piscinas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Forcarei

O Concello de Forcarei trasladou á Garda Civil as incidencias detectadas durante a última semana nas piscinas municipais de Forcarei e Soutelo de Montes, entre as que figuran baldosas danadas, duchas abertas durante toda a noite e terra botada na auga.

O Concello lembra que está prohibida a entrada nos recintos das piscinas municipais fóra do horario de apertura e advirte de que este tipo de comportamentos pode provocar danos de maior consideración ou mesmo afectar ao funcionamento das instalacións.A Administración local sinala que, polo momento, os danos rexistrados se limitan ás incidencias detectadas e que non se produciron consecuencias maiores. Porén, incide en que os principais prexudicados por este tipo de actos son os propios veciños que utilizan as instalacións municipais. O Concello agarda que se trate dun episodio puntual.

Tracking Pixel Contents