ao pé do farelo
Os de Bilbao
Pois nada benqueridos amigos, xa chegou o agosto, o mes do ano mais estival e vacacional, no que hai anos miles de fillos de Galegos facían a maleta e coa ansia do que sabe que pasou todo o ano agardando este momento emprendían o camiño a casa na aldea. Eu aínda gardo grato recordo do que representaba no noso pobo a chegada en tropel destes galegos na diáspora do País Vasco, xa que por cousas da vida foron moitos fillos da terra os que nos anos cincuenta emigraron buscando un futuro mellor as industrias e altos fornos de Euskadi, por aquel entón eran as Vascongadas, pero sabido é que nada perdura eternamente, e hoxe en día o normal para nos todos é falar de Euskadi.
Non hai tanto tempo, case que corenta anos, que nos chegamos a Agolada, que se din pronto, sobre todo porque o motivo fora unha interinidade que lle deran á muller, no sistema sanitario do Pais, como médico de familia. Por cousas da vida ía estar nove meses e xa ven como sonche as cousas, pasaron os anos sen descanso, a pesaren delo, para algúns, nos non somos de aquí, pois dillo os meus fillos que naceron, creceron e continúan vinculados cos amigos e veciños.
Pero iso é outro cantar, Eu estáballes a falar daqueles bilbaínos, que regresaban a casa, na aldea a visitar os pais e avós que aquí quedaran cando eles emigraron por falla de alternativas de progreso e vida, cara un futuro mellor, e alí casaron e naceron os seus fillos co tempo. Viñan ansiosos, cargados de frustracións e con unhas inmensas gañas de facer todo o que durante 365 días non lles foi posible dende ala. Levaban os pais ao médico, mercaban últimos modelos de conxeladores e televisións, pintaban a casa, limpaban fallados, traían e levaban os pais e avós, convencidos de que iso era o que eles querían, rachando a súa monotonía e rutina de cada día, mareándolles a perdiz, sen decatarse de que aqueles calaban por non desairar os fillos, pero maldita as gañas e as grazas que lles facía tanta leria e tanto tolemia.
Os de Bilbao, chegaban cos seus bos coches, roupa moderna, porque en Bilbao todo era mellor e se ataban os cas con longaniza e traían moitas, moitas anécdotas e historias que lles contar no bar, os colegas, amigos e veciños que aquí quedaron, e curiosamente lles pasaba de todo; que si lles picaba unha abella, que si torcían un nocello, que si unha urticaria, que sei Eu, eran urbanitas desprazados a forza do seu medio natural, e como dicían os outros, os que aquí quedaron, algúns deles cheos de rabia, eran desertores do arado, porque abandonaron o agro, o rural a aldea, e as familias polas grandes cidades e os seus barios dormitorios.
Sen dubida todos nos coñecemos e temos lido libros nos que o autor narra moito mellor ca min, o que foi aquel movemento migratorio, moitos a Cataluña, e moitísimos mais o País Vasco.
Hoxe en día os avós e os pais xa non están, hai anos que nos abandonaron e as casas nas aldeas permanecen pechadas, cando non caendo vítimas do esquecemento e o abandono, iso que agora lles deu os nosos políticos por chamar a España baleirada. Os de Bilbao xa non teñen razón nin motivo para emprender aquel viaxe de retorno a casa en agosto, para desfrutar das vacacións, e poñer en orde todo o que segundo eles estaba mal, e mesmo eles sonche xa avós, e os seus fillos pais de familia, sen vinculación case nin recordos da que foi a terra, a orixe e o lugar de nacemento dos seus pais, os de Bilbao.
Agora, xa nos todos o agosto o pasamos sen os de Bilbao. Cousas da vida si, xa saben.
- Iago Rodríguez, el ourensano que repartió pizzas para pagarse la licencia de piloto y ahora protege los montes gallegos desde el cielo
- El joven ourensano Pablo Freire conquista su segunda medalla de oro consecutiva en la Olimpiada Iberoamericana de Matemática
- Vigo registra la mayor tasa de ingresos con covid de Galicia tras más que duplicarse en una semana
- Un amplio dispositivo policial frena el intento de suicidio de un joven en el puente de Rande
- El rural ourensano revive: un concello de 550 habitantes busca reabrir su escuela tras 17 años cerrada
- Abal: «La Diputación contraprograma A Defensa da Vila con Carlos Núnez en Aldán»
- Protestas en el IES de Teis por la eliminación de horas para el mantenimiento del equipo informático
- Nuevo hito a la vista en Vigo con la nueva grada de Gol, con el objetivo de estrenarla en el derbi: ya está todo preparado para empezar a «teñirla» de azul