Recreación da Guerra da Independencia
Os labregos de Ponte Ledesma volven eclipsar a Napoleón
Os guías turísticos Suso Martínez e Daniel Lindh, acompañados pola veciñanza das dúas beiras do Ulla, recrean os enfrontamentos de 1809 do exército da Xunta de Trasdeza contra as tropas francesas

Bernabé/ Amanda Castro

«Imos loitar contra os franceses, que queren cruzar a ponte. Veñen dende Compostela, e imos facerlle fronte. Ai lalelo ai lalalo. No 1809, esta ponte defendin-e. Miñas donas, meus señores, non se esquezan de min-e, non se esquezan de min-e». Son os versos que a veciñanza de Gres e de Camporrapado recitou, acompañada polas pandereteiras Muxicas da Silveira, durante a recreación das dúas escaramuzas que mantiveron o 6 e o 9 de marzo un exército de paisanos (o segundo día foron máis de 800, fronte a 2.500 soldados galos) contra as tropas de Napoleón para impedir o seu paso por Ponte Ledesma e o avance cara ao sur de Galicia.

Un neno, Thiago, vestiuse como Balbino, a personaxe de Neira Vilas. / Bernabé / Amanda Castro
Á entrada deste viaducto, pero do lado de Gres, hai un monolito que doou en 2009 Roberto Rivas en lembranza destas batallas. O filósofo danés Søren Kierkegaard, que naceu poucos anos despois das invasións do exército francés, decía que hai unha diferenza entre "acordarse de algo" e "lembrarse de algo". O monolito, para os visitantes da ponte e das Insuas de Gres, serve para que se acorden de que neste lugar á beira do Ulla morreu xente tentando frear as que daquelas eran as mellores tropas do mundo. E agora eses versos do exército civil tamén servirán para que nos veña á memoria esa batalla. Pero ademais dende 2018, a veciñanza dos dou lados do río organiza unha recreación xunto ao historiador e guía turístico Suso Martínez que sirve sobre todo lembrar e para reflexionar sobre eses feitos, porque seguen tan presentes na memoria popular que 200 anos despois nestas terras ainda quedan cans que se chaman Soult e Ney, como os dous mariscais do imperio francés que loitaron en Galicia, e tamén mantén pervive con saúde o Entroido da Ulla, que simboliza ese enfrontamento pero xa non bélico, senón dialéctico.
Cada ano, a visita guiada muda. Así que esta vez Suso Martínez exerceu de Napoleón e de narrador, mentres Daniel Lindh daba corpo ao xeneral inglés Atkinson, que coordinaba dende Vigo á Xunta de Trasdeza. Nesta ocasión, Benito Martínez, nomeado comandante do exército labrego o 3 de marzo de 1809, cobrou vida grazas a Xosé Silva, veciño de Lestedo que en 2025 encarnou ás tropas francesas, e uns 30 veciños representaron a ese exército labrego que hai dous séculos estaba conformado sobre todo por xentes de Boqueixón, de Cruces e de Cira, pero que este domingo contou con integrantes ata de Bilbao.
No Campo do Río Suso Martínez explicou cómo se organizou a Xunta de Trasdeza e o exército, apoiados pola nobreza e pola Igrexa. Mencionou batallas similares noutros puntos de España, como a de Mansilla de Las Mulas e, xa na ponte e simbolizando o exército francés, sufriu primeiro o abucheo dos labregos, armados con paus, angazos e fouces, e despois mantivo un breve duelo de espadas con Atkinson. Pode que Robert Atkinson non fose un personaxe de verdade, e tampouco Natalí Martínez, pero Kierkegaard tamén dicía que podemos adornar os nosos recordos....

Suso Martínez e Daniel Lindh escenificaron na ponte o choque entre os dous exércitos. / Bernabé / Amanda Castro
Foi xa nas Insuas de Gres, tanto na dos columpios como na de San Ramón onde o público lembrou a masacre do exército francés ao seu paso por este lado do Ulla, o 19 de marzo, con vítimas con nome e apelidos, como Manuel Espinosa, do Pazo de Cascaxide. O seu can guiou aos soldados ata Manuel, que estaba agochado xunto ao pozo. Foi alí onde o mataron. Pero o seu nome segue vivo grazas ás actas de toda a contenda que nestes 200 anos gardou a familia de Roberto Rivas e os arquivos das parroquias de Cruces e Trasdeza. Un ano máis, a valentía dos aldeanos eclipsou, ainda que só fose por uns días, a un dos mellores estrategas da Historia.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dimite el asesor de Rafa Domínguez en la Diputación de Pontevedra a raíz de su polémico vídeo en TikTok
- Crimen en Ponteareas: detenido un hombre por presuntamente matar a su madre octogenaria
- Un taxista se desmaya al volante y choca contra varios vehículos en Vigo sin causar heridos
- Un coche vuelca tras chocar con otro vehículo en la Gran Vía de Vigo
- El tripulante detenido por la narcolancha de Portugal estaba escondido en las dunas de la playa
- Identificadas varias personas en una pelea con barras de hierro en Couso en Moaña
- Muere Pedro Ocampo, exconcejal de Porriño y profesor
- Un lord inglés acampa en Beiramar: Armón Vigo descubre al «Staffordshire», el primer buque de eólica marina del naval gallego