Entrevista | Santi Fuentes Gómez Preparador e presentador de cabalos árabes en China
«En tres anos os chineses xa están importando os mellores cabalos árabes»
«Son empresarios con enorme capacidade económica, pero tamén moi rigorosos á hora de negociar. Valoran a profesionalidade»

Bernabé/Amanda Castro
Santi Fuentes regresou á Estrada despois dunha tempada atípica. A guerra en Oriente Medio fixo que perdese o seu principal mercado de traballo como preparador de cabalos de competición. O destino sen embargo abriulle unha nova porta no puxante mercado chino, onde comenzan a apostar forte pola cría de cabalos.Nese marco de crecemento a experiencia do estradense está axudando á hora de plasmar esa inversión nos concursos.
O seu día a día cambiou bastante nos últimos meses, non si?
Si. A miña actividade principal sempre estivo centrada no Medio Oriente, especialmente en Kuwait, Arabia Saudita e, en menor medida, nos Emiratos Árabes. No mundo do cabalo árabe cada presentador adoita traballar nun país determinado e eu levaba varias tempadas asentado nesa zona. De feito, cando falamos a última vez estaba en Arabia Saudita e agora atopábame en Kuwait facendo a tempada, ata que a guerra interrompeu todos os plans. Despois tamén traballo en España entre abril e outubro, coincidindo coa tempada de concursos aquí. Agora, porén, abriu unha oportunidade moi importante en China, un país que está a investir con moita forza no cabalo árabe. O ano pasado fun convidado para asesorar un organizador e este ano xa me chamou directamente un criador. Creo que China pode converterse nun mercado fundamental para nós.
Como foi a súa primeira experiencia en China?
Foi impresionante. Traballei cun dos criadores máis importantes do país, un dos catro grandes referentes que hai neste momento. Conseguimos unha medalla de ouro, unha de prata e dous bronces, un deles con outro criador amigo. O concurso celebrábase a unhas catro horas de Pequín e a experiencia foi tan positiva que xa teño previsto regresar en outubro para un evento en Shanghai.
Que diferenzas atopou entre traballar no mundo do cabalo árabe en China e nos países árabes?
No aspecto deportivo o sistema é practicamente o mesmo, porque seguen sendo concursos de cabalos árabes de show. A gran diferenza está na cultura. Nos países árabes todo está moi marcado polas súas tradicións, mentres que en China é un ambiente completamente distinto. A min gustoume moitísimo a experiencia e volvín con ganas de regresar. Ademais, os chineses levan só tres anos investindo neste sector e xa están importando os mellores exemplares, traballando con embrións e desenvolvendo programas de cría moi ambiciosos. Estou convencido de que dentro de pouco serán outros os que viaxen a China para mercar cabalos.

Santi Fuentes, no centro da foto, tras unha das victorias logradas en China. / FdV
Dá a impresión de que os empresarios chineses apostan forte por este sector.
Así é. Son empresarios con enorme capacidade económica, pero tamén moi rigorosos á hora de negociar. Son capaces de investir grandes cantidades cando consideran que paga a pena, pero analizan todo ata o último detalle. Hai que ser moi serio con eles porque valoran a profesionalidade. Non podes presentar prezos fóra de mercado pensando que, por seren ricos, van aceptar calquera cousa. Iso sería un erro.
En que consiste exactamente o seu traballo?
Son preparador e presentador de cabalos árabes. Desde pequeno fun un apaixonado deste mundo e hoxe o meu traballo consiste en preparar os animais para que expresen todo o seu potencial na pista. Busco que o cabalo transmita elegancia, forza, carisma e naturalidade. Para iso tamén teño que prepararme fisicamente, porque durante a presentación hai cambios de ritmo e moito esforzo. Sempre procurei traballar con respecto polos animais e non recorrer a métodos agresivos. Hai presentadores que utilizan demasiado o látego para conseguir determinadas posturas, pero eu prefiro que o cabalo estea relaxado e feliz, porque así transmite moito máis. De feito, actualmente os regulamentos son moi estritos e sanciónanse os excesos no trato aos animais.
Ese xeito de traballar é o que lle abriu portas no estranxeiro?
Creo que si. Ao longo da miña carreira conseguín moitas medallas en países como Arabia Saudita, Xordania ou España e teño a sorte de que moitos criadores confían en min precisamente pola forma de preparar e presentar os cabalos. Sempre intento seleccionar ben os animais e sacar deles a súa mellor versión.
É máis complicado traballar en España que noutros países?
España ten unha gran tradición na cría de cabalos árabes e desde aquí saíron exemplares vendidos por centos de miles e incluso por máis dun millón de euros cara aos países árabes. O problema non é a calidade, senón que aquí non existe o mesmo poder adquisitivo nin o mesmo nivel de investimento que hai en países como Arabia Saudita, Qatar ou mesmo Brasil. Alí os gobernos, os grandes criadores e os xeques organizan concursos con premios millonarios, mentres que en España os criadores adoitan facer un esforzo económico moi importante para competir. Por iso tamén intento ser moi sincero cos meus clientes e recomendarlles participar só cando considero que o cabalo está realmente preparado. Prefiro que regresen satisfeitos e continúen confiando en min antes que facerlles gastar cartos sen posibilidades reais.
Así que agora toca aprender chinés.
(Ri). Polo momento sei o básico, o típico «ni hao». Hoxe en día, coa axuda dos tradutores e porque cada vez hai máis xente que fala inglés, é bastante sinxelo comunicarse. O importante é que se abriu un mercado novo e moi prometedor, e espero poder seguir medrando profesionalmente alí.
Suscríbete para seguir leyendo
- Iago Rodríguez, el ourensano que repartió pizzas para pagarse la licencia de piloto y ahora protege los montes gallegos desde el cielo
- El complejo deportivo de Samil tiene fecha de caducidad: así se transformará esta zona de Vigo en los próximos años
- La huella de la Sareb en Cangas deja chalés okupados y edificios en ruina
- Vigo registra la mayor tasa de ingresos con covid de Galicia tras más que duplicarse en una semana
- Cesa el asesor de Rafa Domínguez en la Diputación de Pontevedra a raíz de su polémico vídeo en TikTok
- Facenda duplica el valor de los inmuebles declarados en compraventas y herencias para elevar su recaudación
- Crimen en Ponteareas: detenido un hombre por presuntamente matar a su madre octogenaria
- Muere Pedro Ocampo, exconcejal de Porriño y profesor