Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Subvencións

Lalín recibe 3.500 euros por dinamizar a lingua galega

Begoña Blanco e Inacio Vilariño, co cómic sobre o aviador Loriga.

Begoña Blanco e Inacio Vilariño, co cómic sobre o aviador Loriga. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Lalín

A Consellería de Cultura outorga 3.575 euros ao Concello de Lalín para actividades de dinamización da lingua galega. O proxecto do concello incluiu a banda deseñada «O avidor Loriga. VII Boinas», o recital poético «A árbore das palabras» e varias proxeccións audiovisuais, amén de catálogos dixitais. O galego é ademais a lingua que emprega o Concello nas súas redes sociais e na programación estable do Pazo de Liñares, que inclúe representacións mensuais neste idioma.

A edil de Cultura, Begoña Blanco, sinala que «a promoción da lingua galega forma parte da acción do goberno ao longo de todo o ano. Seguiremos impulsando proxecto que acheguen o galego á veciñanza desde a literatura, o teatro, a música, o patrimonio e todas aquelas manifestacións culturais que contribúan a fortalecer o seu uso social».

Tracking Pixel Contents