Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Servizos públicos

O PSOE de Lalín denuncia que 357 menores agardan por unha plaza para os cursos de natación

A piscina municipal de Lalín.

A piscina municipal de Lalín. / Bernabé / Javier Lalín

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín denuncia a situación dos cursillos de natación da piscina municipal, despois de acceder á documentación solicitada sobre as listas de agarda. Os socialistas indican que a información confirma que centos de familias seguen sen poder acceder a un servizo municipal cunha elevada demanda social.

«Os datos son contundentes», afirma a voceira Alba Forno. Na actualidade hai 357 menores agardando por unha praza nos diferentes cursos de natación. A lista está composta por 72 bebés, dos que 58 son de Lalín; 89 nenos e nenas de 3 e 4 anos, con 56 solicitudes do municipio; e 196 menores que superan os cinco anos, entre os que 117 pertencen a Lalín. O resto das solicitudes proceden de concellos dos arredores como Silleda, Agolada, Vila de Cruces, Dozón, Rodeiro, Monterroso, Melide, Piñor, O Irixo, O Carballiño, Antas do Ulla ou Forcarei.

Para Alba Forno «estas cifras evidencian que o problema non é puntual, senón estrutural. Estamos falando de familias que queren acceder a un servizo municipal e ás que o Concello non lles está dando resposta». A voceira lamenta tamén a falta de transparencia do goberno municipal á hora de facilitar a información. «Non é de recibo que un grupo da oposición teña que esperar meses para coñecer uns datos que deberían ser públicos e que afectan directamente a centros de familias. A realidade é que, cando por fin puidemos velos, comprobamos que a situación é moito peor do que imaxinabamos».

A isto engádese que no pasado pleno levaron unha proposta que foi rexeitada polo goberno de Crespo, con argumentos «baleiros de contido» e «sen sentido», xa que estas cifras evidencian a necesidade de recuperar a normalidade nunha instalacións necesarias e demandadas polos veciños. Recalca que o deporte que se pode facer aí, non se pode levar a cabo noutro sitio, polo que deberían mellorar a xestión destas instalacións.

TEMAS

Tracking Pixel Contents