Memoria histórica de Cerdedo
Homenaxe a Antonio Sueiro Cadavide, alcalde republicano
O 13 de agosto, o Colectivo Capitán Gosende depositará unha ofrenda floral na lauda do alcalde republicano de Cerdedo para reivindicar a súa memoria e reclamar un recoñecemento institucional á súa figura

Montaxe cunha imaxe de Antonio Sueiro Cadavide e a súa homenaxe no Campo das Laudas en Cerdedo / FDV
Calros Solla
Lemos na prensa do 31 de xullo que, noventa anos despois do golpe de Estado fascista e cincuenta e un da morte do ditador, a Corporación fusionada de Cerdedo Cotobade aprobara en pleno «unha declaración institucional de recoñecemento e memoria de Antonio Pousada Pérez, último alcalde republicano de Cotobade». Sen tempo non era.
O colectivo Capitán Gosende apoia calquera mostra de consideración, respecto e gratitude (verdade, xustiza e reparación) dispensada aos valedores da II República e ás vítimas do xenocidio franquista e nada ten que obxectar aos fastos na honra do rexedor republicano cotobadés Antonio Pousada Pérez, ben ao contrario. Porén, semella necesario lembrar que, antes da componenda fusionadora, Cerdedo e Cotobade constituían dous territorios administrativamente independentes e así o eran o 18 de xullo de 1936, cando a dereita golpista atentou contra a legalidade republicana outorgada polas urnas uns meses antes. En conclusión, tanto en Cerdedo coma en Cotobade, a rebelión fascista converteu os seus respectivos alcaldes en vítimas da represión. Xa que a memoria é feble, lembremos tamén que o alcalde republicano de Cerdedo era o egrexio Antonio Sueiro Cadavide, Antonio do Lagharto, quen, polos seus faceres e pareceres, é considerado polo pobo o mellor alcalde do municipio.

Antonio Sueiro Cadavide (1892–1972). / FDV
Lemos na prensa «que o día 13 de agosto haberá unha homenaxe á figura de Antonio Pousada Pérez, descubríndose unha placa conmemorativa na casa onde viviu». Ben haxa, pero entón, non é de xustiza que o alcalde republicano de Cerdedo sexa merecente dun recoñecemento semellante?
O colectivo Capitán Gosende informa que, co obxectivo de contrarrestar o terríbel desaire institucional e compensar na medida do posíbel o agravio comparativo, na mañá do xoves 13, ás 12 horas, celebrarase no memorial do Campo das Laudas (Meilide-Cerdedo) unha homenaxe a Antonio Sueiro Cadavide, no que se depositará unha ofrenda floral ao pé da lauda do alcalde republicano de Cerdedo, monólito nominativo fincado naquela herbeira hai case unha década: o 13 de agosto de 2017; o xornal Faro de Vigo do día seguinte titulaba: «Cerdedo loita contra o esquecemento».

Sinatura manuscrita do alcalde republicano. / FDV
Para quen teña interese en saber da vida e obra deste ilustre (e esquecido) cerdedés procure a información nas edicións comarcais de Faro de Vigo do 8, 10, 11 e 15 de xaneiro de 2017: «Antonio Sueiro Cadavide, o mellor alcalde de Cerdedo».
E posto que falamos de «placas conmemorativas», esixímoslle á autoridade cerdedesa que, no cumprimento da Lei de Memoria Democrática, faga desaparecer os rótulos que nunha rúa da localidade lembran o alcalde franquista e xefe local de Falange Manuel Gutiérrez Torres; suxeríndolle, así mesmo, que non desaproveite a ocasión de substituír o nome dun nefando alcalde franquista polo nome de Antonio Sueiro Cadavide, labrego, canteiro, gaiteiro, emigrante, líder agrarista e alcalde republicano de Cerdedo.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dónde (y dónde no) ver el eclipse de este miércoles cerca de Vigo
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- El cultivo de la cebada se extiende por Galicia: Hijos de Rivera se alía con 27 agricultores de A Limia y alcanza las 850 hectáreas
- Menores con adulto y permiso parental se quedaron fuera de la platea de Castrelos para ver a Abraham Mateo: «Sé que es la ley, pero...»
- Cada año 200 profesores piden compaginar la docencia con otro puesto de trabajo
- El Casino de Pontevedra mantiene la tradición: 22 chicas, «presentadas en sociedad»
- Dos policías nacionales salvan a una mujer que se quedó inconsciente al atragantarse en un bar de Vigo