Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Improvisación oral

O I Certame Nacional de Regueifa Xove contará con estudantes do instituto Marco do Camballón

O concurso celébrase dentro da programación do Festival de Poesía do Condado

Alumnado do Camballón, nun encontro de regueifa en Madeira.

Alumnado do Camballón, nun encontro de regueifa en Madeira. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Vila de Cruces

Dous estudantes da materia de regueifa no instituto cruceño Marco do Camballón, Manuel Mella e Manuela Quinteiro, así como outros dous exalumnos, Tiziana e Miguel, representarán a este centro educativo o vindeiro 4 de setembro no primeiro Festival Nacional de Regueifa Xove, que terá lugar dentro do Festival de Poesía Condado, en Salvaterra de Miño. A esta exhibición de repentismo acudirá 16 adolescentes do Courel e de Bergantiños, Vigo, Compostela, Ferrol e Vila de Cruces. Estes improvisadores van intervir por parellas. As súas habilidades serán valoradas en dúas categorías: por un lado, o xurado terá en conta a construcción de coplas a partir dunha situación dada, e por outra, as 'controversias' ou respostas entre as parellas.

O certame está organizado polo grupo Regueifa Tour e a SCD do Condado, co apoio da Regueifesta e a Asociación Oral da Regueifa, así como do Concello de Salvaterra, a Deputación de Pontevedra e a Xunta. Haberá premios económicos e culturais

Tracking Pixel Contents