Cultura popular
Arte, memoria e comunidade en Botos para fortalecer o rural
A Asociación Veciñal Cultural O Redondelo foi creada hai dous anos coa de xuntar á veciñanza e recuperar os seus cabezudos

Integrantes da Asociación O Redondelo de Botos cos seus cabezudos e xigante. / Bernabé
Hai case dous anos, que se cumpren en outubro, que unha vintena de veciños de Botos decidiu crear unha asociación vecinal. Decidiron chamarse Asociación Veciñal Cultural O Redondelo de Botos. Naceu coa idea de crear comunidade entre os habitantes da parroquia lalinese. «É unha asociación para a veciñanza pero tamén para dar unha alternativa no rural de actividades que se poidan realizar», conta Marta Otero, unha das integrantes desta asociación.
Pero tamén xurdiu co obxectivo de recuperar os cabezudos, uns personaxes moi característicos de Botos que foron creados por unha asociación veciñal previa que tiña por nome O Kikiriki. «Elas tiveron a sorte de ter un obradoiro, que daquelas promovía o Concello, no que fixeron cabezudos que hoxe en día se conservan dentro do Pazo de Liñares. Son máis de vinte e todos feitos pola veciñanza», explica Marta Otero. Aos membros do Redondelo xurdiulles a dúbida de saber onde se atopaban estes cabezudos. «Non sabíamos nada deles e queríamos ver si se podían recuperar, porque algúns tíñamolos por alí medio desfeitos, e cando vimos que o Concello os tiña en boas mans, alegrámonos un montón e decidimos crear outros, para que puidesen saír e estar máis conectados coa aldea», relata a integrante da nova asociación veciñal.
E así foi como ao máis de vinte cabezudos xa existentes sumáronse tres novos integrantes. A Sardiñeira é un deles. «É como lle chamaban aos de Botos porque o peixe viña na liña de Pontevedra e paraba no Reguengo, que é unha aldea de Botos,e as mulleres repartían a xardiña e por iso se chama así. Ían co peixe na cabeza, cunha ramiña de loureiro e este personaxe é un pouco unha oda a elas», explicaba Marta Otero.
O segundo personaxe é Siveiro, que era un home da aldea moi característico e que tiña un don coa música, porque era músico de oído e tocaba o piano dos veciños na misa e cada domingo ía levar as señoras en chimpín á igrexa. E despois está o Ferroviario, «porque Botos está moi conectada coa estación de tren e é como o noso personaxe máis duro», recoñece Marta Otero.
As creacións non se limitan só a estes tres cabezudos, neste tempo tamén realizaron un xigante que é Willy, porque valoraron facer unha oda tamén aos artistas da zona.

A asociación O Redondelo de Botos cos seus cabezudos e xigante durante o XIV Serán de Botos. / Cedida
«A todo isto nos axudou Anxo Basterra, de Viravolta títeres. Xa contactamos con el dende o principio. E foi quen nos falou da importancia da recuperación desta maneira de facer comunidade dentro das aldeas e das vilas galegas. E foi quen nos conduciu coa técnica, nos axudou nas quedadas e estamos máis que agradecidas con el», afirma a integrante de O Redondelo.
Sen embargo, durante estes case dous anos non todo foi crear a estes novos personaxes, tamén lles tocou pasar gran parte do tempo realizando papeleo, porque todos os asuntos lévanos eles persoalmente, sen ningunha axuda externa. «Fixemos xornadas micolóxicas en inverno e nos xuntamos para avaliar as necesidades da aldea», engade Marta Otero sobre as actividades desenvolvidas pola asociación.
A pesar de ser creada hai relativamente pouco tempo, a aceptación por parte da veciñanza foi moi boa. «Hai moitos veciños e veciñas que están moi apegadas e que son socios ou queren selo e nos están apoiando», confirma Marta Otero. E iso que aínda están traballando para intentar atraer á xente máis nova, á que todavía non foron capaces de enganchar de todo. «É un obxectivo da asociación, pero como queremos que sexa unha actividade analóxica, é moi difícil chegar ás crianzas dende estas actividades. Supoño que terá que ver co momento vital que estamos vivindo de tanta rapidez».
Sexa como sexa este grupo veciñal continúa co seu traballo e co obxectivo de crear comunidade e por iso xa teñen en mente varias propostas para dinamizar a parroquia. «No futuro queremos facer varias xuntanzas. Temos tamén a idea de realizar talleres, algún concerto ou evento dentro da aldea, como roteiros contextualizados pola zona, e as actividades que vaian xurdindo. Tamén pensamos en facer dous cabezudos máis polo menos, e quen sabe se outro xigante», conclúe Marta Otero.
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatada del agua una persona que flotaba boca abajo en una playa de Sanxenxo
- Dos toneladas de microplásticos llegan a la ría de Vigo cada año desde el Morrazo
- Abraham Mateo consigue dejar 'loco enamorado' al público de Castrelos
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- La estudiante viguesa del campus de Pontevedra, Marta Domínguez, se proclama de nuevo campeona de squash del mundo universitario
- Tres heridos en dos accidentes de tráfico en Cangas y Moaña
- La nueva vida de la familia argentina que se mudó al rural ourensano para emprender: «Acá nos sentimos libres»
- De local comercial vacío a sala de exposiciones para 1.000 personas junto al Auditorio Mar de Vigo