Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

30 aniversario do seu pasamento

Unha viaxe musical para lembrar a obra de Laxeiro

Lalín conmemorou ao artista cunha ofrenda floral ao pé da súa escultura, a doazón da pintura Belas Artes pra Galicia! ao Concello e cun concerto de piano

Miguel Matamoro pechou o acto cun concerto baseado no proxecto Écfrase

Miguel Matamoro pechou o acto cun concerto baseado no proxecto Écfrase / Bernabé

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Lalín

Lalín rendeu este martes homenaxe a Xosé Otero Abeledo Laxeiro con motivo de 30 aniversario do seu pasamento. Para esta xornada conmemortiva levouse a cabo unha programación que puxo en valor o legado dun dos grandes renovadores da pintura galega do século XX.

Os actos deron comezo ao mediodía cunha ofrenda floral, unha coroa de loureiro ao pé da escultura de Laxeiro, nun acto simbólico de recoñecemento ao legado do artista.

Ofrenda floral ao pé da escultura de Laxeiro polo 30º aniversario da súa morte

Ofrenda floral ao pé da escultura de Laxeiro polo 30º aniversario da súa morte. / Bernabé

Xa entrada a tarde tivo lugar o acto instituciona no Museo Municipal Ramón María Aller no que interviñeron representantes municipais ademais da Fundación Laxeiro, da Xunta, da Deputación e de Antón Castro, comisario e crítico de arte e de Quitana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes.

Un dos momentos máis destacados desta xornada chegou coa formalización da doazón ao Concello dunha obra de Laxeiro por parte da familia Santomé González. O título desta pintura é Belas Artes pra Galicia!, que está datada en 1985 e feita por tintas de cor sobre cartolina e que foi realizada a petición de Antonio Santomé Lalín, unha persoa que trataba habitualmente con Laxeiro por motivos profesionais ao ser traballador nunha sucursal bancaria en Lalín. A obra foi doada agora polos seus fillos e pasa a incrementar o patrimonio artístico municipal.

O cadro doado pola familia Santomé González ao Concello de Lalín.

O cadro doado pola familia Santomé González ao Concello de Lalín. / Bernabé

O acto conmemorativo pechouse co concerto de Miguel Matamoro, que interpretou o proxecto Écfrase, unha proposta musical que dialoga coa obra de Laxeiro a través da improvisación pianística.

Esta viaxe polas creacións do pintor comezou cun nocturno, evocando paseos pola praia de Loira, fino areal de augas tranquilas na ría de Marín que dá nome ao concerto Cadernos de Loira e que representa ao cadro A sesta. A segunda peza foi un preludio, cun xogo de polirrtimia e desfasamento entre voces e motivos minimalistas para unha suxestiva amálgama sonora coa que se representaba a obra Os endemoñados. A esta interpretación seguiulle un adagio epistolar e íntimo do músico á súa parella, con evocacións da mariña lucense que simbolizaba a obra Miña filla: A Maruxiña.

A penúltima peza interpretada neste concerto foi unha canción de berce. Tratouse dunha tenra composición a unha pequena sobriña; arabesco inicial abrazando melodías e a voz clásica dunha doce nena coa que se representaba a obra Nai e nena. O peche desta experiencia sonora chegou cun valse, co que se deu son de galeguidade na estación final do concerto que se fundiu nun valse recente cun tema case predilecto da banda sonora da película El arte de los analfabetos, que representaba a obra de Os gaiteiros.

Todo isto levouse a cabo no Museo Municipal Ramón María Aller que a partir do luns 27 deste mes a ata o venres 31 abrirá só en horario de 17:00 a 20:00 horas, dedicando o resto do tempo a tarefas de organización interna para os vindeiros actos e exposicións.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents