Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Entrevista | Pedro Pablo Porto Escritor e creador de contido en redes sociais

«Estamos impoñendo os nosos tempos á natureza e iso ímolo acabar pagando»

«O estoicismo estivo presente sempre na miña vida, aínda que non con esa etiqueta»

Porto, nunha das súas viaxes.

Porto, nunha das súas viaxes. / FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
A Estrada

Pedro Pablo Porto Taboada leva anos difundindo nas redes sociais unha filosofía de vida baseada no estoicismo e na conexión coa natureza. Nunha conversa con FARO fálanos máis sobre esta maneira de entender o mundo a súa maneira de estar nel.

—Como chegou o estoicismo á súa vida?

—Sempre estivo presente, aínda que sen esa etiqueta. Na miña casa xa se transmitían moitas desas ideas. A miña nai dicía sempre: «Actúe como se alguén o estivese mirando». Meu pai repetía que antes de mirar os defectos dos demais había que mirar os propios. Cando despois o estudamos no instituto decateime de que moitas desas ensinanzas xa as levaba comigo desde pequeno. O estoicismo estaba no colexio, logo na empresa... pero non foi ata que tiven aos meus fillos e vin o mundo que lles quedaba que me animei a profundizar máis nesta cuestión. Escribín o libro Estoyc, No Estoyc para eles.

—Que principio do estoicismo lle cambiou máis a maneira de entender a vida?

—A dicotomía do control. Hai cousas que dependen de nós e outras que non. Cando acepta que non pode controlar todo deixa de gastar enerxía en intentar cambiar o imposible e céntrase no que si está nas súas mans: como pensa, como actúa ou como responde ás situacións.

—Hai algunha idea que repita especialmente nas súas reflexións?

—Si. Sempre digo que cando un xulga se irrita e cando observa se calma. Se observa o mundo sen estar criticando continuamente, vive con máis tranquilidade. Ao final, observar permite entender mellor ás persoas e tamén a un mesmo.

—Por que decidiu utilizar Instagram como canle para transmitir esa maneira de entender a vida?

—Foi algo totalmente casual. Eu xa falaba destas cousas na casa ou cos amigos e un día a miña muller díxome que por que non as compartía nas redes. Empecei a facelo dun xeito moi sinxelo e a resposta foi enorme.

—Esperaba chegar a reunir unha comunidade tan ampla?

—En absoluto. Nunca pensei que ía chegar a tanta xente. Incluso había persoas moi coñecidas que empezaron a seguirme e eu preguntábame por que. Despois entendín que moita xente busca precisamente esa conexión coa natureza e coa calma que eu intento transmitir. Hai persoas que viven rodeadas de ruído e atopan nas redes unha pequena xanela cara a esa tranquilidade.

—Boa parte do seu contido xira arredor da alimentación. Que relación ten iso co estoicismo?

—O estoicismo consiste tamén en vivir de acordo coa natureza. No meu caso, durante corenta anos vivín doutro xeito e sempre estaba inflamado, canso e sen enerxía. Probei de todo, pero non había xeito de cambialo. Cando volvín á base da alimentación antiga, con predominante presenza de proteinas e graxas, e reducín a inxesta de carbohidratos vin por fin a luz ao final do tunel. Hoxe en día practico o que se chama unha dieta cetoxénica, e atópome moi ben. Eu fago exercicio todos os días, leo, escribo... e xente do meu entorno que segue estas pautas o semellantes están igual.

«Durante corenta anos vivín de espaldas a isto, sempre estaba canso e sen enerxía»

—Pensa que a alimentación é un pilar fundamental para o desenvolvemento persoal?

—Dende logo. A maioría dos alimentos dos supermercados son novos, cousas que non existían antes. Curiosamente, moitas das enfermidades que nos afectan tamén o son. É normal, porque consumimos cousas hiperprocesadas. Estamos impoñendo os nosos tempos á natureza e iso vai acabar rebentando. Pásao coa alimentación, coa agricultura ou coa maneira na que producimos. Non podemos pretender cambiar as estacións nin acelerar todo constantemente. Ao final, esa factura ímola pagar.

—Cree que esa mensaxe é máis necesaria ca nunca?

—Eu non pretendo convencer a ninguén. Simplemente intento que a xente saiba que existe esta forma de entender a vida. O importante é dar exemplo, non impor nada.

—Nas redes sociais abundan as mensaxes de desenvolvemento persoal. Ás veces simplifícase demasiado o estoicismo?

—Pode pasar. Eu sempre digo que falo da miña experiencia. Non son médico nin nutricionista e tampouco pretendo ter a verdade absoluta. O que lle digo á xente é que contraste, que experimente e que escoite o seu corpo, porque cada persoa é diferente e o que lle funciona a un non ten por que funcionar a outro.

—Neste proceso, considera que houbo algún punto de inflexión?

—Houbo varios, imaxino, aínda que me custa destacar algún. Eu cambiei radicalmente no 2023, cando faleceu miña nai. Foi entón cando me metín máis de cheo nisto. A nivel de redes sociais, o ver que eventos aos que eu asistía como ointe me chaman agora para dar ponencias foi un dos maiores hitos.

—Para rematar, ten algún novo proxecto entre mans?

—Teño dous libros en marcha. Un está centrado na nutrición e outro nas leis universais. Escribir converteuse nunha experiencia moi especial. É algo bonito, pero tamén incómodo, porque te expós completamente. E precisamente creo que é na incomodidade onde máis medramos.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents