Sector primario
A Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros en Mouriscade convértese no plan de verán para 22 mozos
Boa parte dos asistentes está familiarizado co sector primario e asistiu a anteriores edicións deste campamento. Aprenderán a domar becerras, lavalas e manexalas para un simulacro de concurso previsto para o venres

Foto de grupo dos asistentes á sétima edición da escola. / Bernabé

Leva por nome 'Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros', pero en realidade boa parte dos participanes nesta sétima edición xa está moi familiarizada co manexo e coidado diario de explotacións de vacún, pois as súas familias están vinculadaas ao mundo agrogandeiro. Esta iniciativa que poñen en marcha a Deputación, a Federación Frisoa Galega, o Club de Xóvenes Gandeiros de Galicia e a Cooperativa Rural Galega comezou o luns en Finca Mouriscade, e rematará o venres. Avelino Souto, da directiva do Club de Xóvenes Gandeiros, explica que nestes cinco días os 22 participantes, de entre 9 e 19 anos de idade, "traballan por equipos, de maneira que están misturados de distintas idades, e aprenderán a domar becerras, a lavalaas e pelalas, así como a manexalas" de cara á súa participación nun simulacro de concurso de manejadores, previsto para o 24 a partir das 11.30 horas.

Dous dos participantes lavan becerras. / Bernabé
Pero tamén haberá tempo para que os monitores lles expliquen a morfoloxía das vacas de leite, así como cuestións relacionadas coa súa alimentación ou co benestar animal. «Das labores que lles propoñemos, non hai ningunha que lles sorprende, están moi familiarizados e hai varios que xa acudiron ás anteriores edicións da Escola», engade Souto. Os traballos prácticos comezaron a media tarde, pero pola mañá os e as asistenes acudiron á inauguración da Escola, a cargo do deputado provincial Jorge Cubela. O tamén alcalde de Cerdedo-Cotobade afirmou que «estamos moi contentos de ver a esta rapazada consciente de que a gandería é unha forma de vida, ten proxección e pode converterser no seu futuro profesional».
Cubela insistiu na necesidade de contar con relevo xeracional para que o sector primario siga tendo vida, e quixo facer fincapé no papel significativo da Finca Mouriscade, «cuxas instalacións levan décadas apostando pola innovación, a investigación e a mellora continua do sctor gandeiro, converténdose nun referente para profesionais, explotacións e entidades de toda Galicia». Cómpre lembrar que esta gandería dependente da Deputación pasou en catro do posto número 35 ao segundo no índice combinado ICO.
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- «A Xeitosa» cumple un siglo: cinco generaciones unidas en Vigo alrededor de la casa de Gómez Román
- Muere el músico y diseñador gallego Víctor Coyote a los 68 años de edad en un accidente de bicicleta
- ¿Qué hay detrás de los vertidos fecales que afectan a la ría de Vigo?
- Dispositivo de la Guardia Civil para intentar localizar a Jaime, un vecino de O Hío desaparecido
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»