Entrevista | Estela Fidalgo Garra Investigadora predoutoral do Instituto da Lingua Galega
«Estudar como falamos axúdanos a comprender os cambios na sociedade»
«Nos últimos anos cambiou a maneira de entender o piropo. Antes era un comentario positivo e hoxe pode percibirse como algo ameazante»

A filóloga e investigadora predoutoral do Instituto da Lingua Galega, Estela Fidalgo. / Xoan Álvarez
Estela Fidalgo Garra (Saidres, 1997) é investigadora predoutoral do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. O seu traballo céntrase principalmente en dous grandes bloques: a pragmática e a (des)cortesía lingüística a través da análise do “piropo”, e as identidades e ideoloxías lingüísticas dos mozos galegos.
Que a levou a elixir o piropo coma un obxecto de estudo científico e lingüístico?
Escollín este tema porque era un fenómeno moi presente na vida cotiá e porque apenas fora estudado dende a lingüística, e moito menos dende a lingüística galega. Considero que nos últimos anos cambiou moito a maneira de entender o piropo. Foi algo que fun vivindo tamén a nivel persoal, como socialmente o que antes podía verse como un comentario positivo, hoxe pode percibirse como algo ameazante dependiendo da situación. Interesábame saber se a través da lingua se podía observar este cambio social que eu estaba percibindo nas relacións
Ten sinalado que hoxe en día definir o piropo baixo moldes tradicionais é reduccionista e que agora dase en contextos privados ou virtuais. Como cambiou a estrutura lingüística e a intención do piropo nas novas xeracións?
Aquí entran en xogo dúas cuestións. A primeira é a definición do piropo que é un pouco contradictoria porque se comprende como un comentario positivo que se fai a unha persoa coa intención de alabala e o outro significado que se activa é o oposto. O que se asocia á tradición de que o home é o produtor activo e a muller a receptora pasiva e que todo isto acontecía nun espazo público onde eles tiñan a dominación simbólica do espazo. Creo que nos acercamos un pouco ao que hoxe entendemos como piropo, que hoxe se da en entornos privados e que repite o patrón heteronormativo. E por outra banda, observamos que as persoas máis novas tenden a evitar con máis frecuencia os piropos tradicionais vinculados ao humor. Se din un piropo prefiren facelo dunha forma menos directa, desviandoo cara a aspectos menos físicos e directos. Non tiran por formulacións tan antigas. Cambiaron as cousas. Agora o contexto é crucial. Agora os piropos fanse de maneira moito máis prudente e hai unha tendencia xeral a non dicir nada cando se considera que a outra persoa pode sentirse incómoda. Hai unha maior preocupación por respetar o estado da outra persoa e adaptar as propias circunstancias.
Nas túas publicacións analizas o papel (des)cortés do humor na producción do piropo. Como funciona esa delgada liña entre o humor como creador de complicidade e o humor como ferramenta de tensión ou descortesía?
A verdade é que é unha das cousas que, ao meu parecer, é o máis interesante da miña investigación porque creo que o humor di moito máis de nós do que pensamos. Cando facemos unha broma non só estamos buscando divertirnos, tamén mostramos como vemos o mundo, que cousas consideramos aceptables dicir e cales non. Vimos que o humor é esa ferramenta ambivalente que pode servir para unir ás persoas, crear complicidade, axudar a solventar situación difíciles, pero por outra pode servir como unha maneira de trasmitir certos prexuizos ou normalizar certos discursos baixo o paraugas de que é humor.
Nos seus traballos fala das tensión ideolóxicas nos discursos da xuventude galega. Cales son os principais conflictos ou contradiccións que experimentan os xóvenes hoxe en día entre o galego, o castelán e a expansión do inglés?
O que estamos vendo é que a pesar da lingua habitual que teñan hai unha especie de posicionamentos que van entre a reproducción e o cuestionamento da hexemonía lingüística. Vemos como a mocidade universitaria galega critica a hexemonía do inglés e reivindica a lingua propia, pero despois acaba aceptando que o inglés estea funcionando como a lingua vehicular.
Vostede trata todos estes aspectos. Como é o seu día a día como investigadora no Instituto da Lingua Galega?
Diría que é un traballo moito máis variado do que a xente pode pensar. Unha gran parte consiste en facer a tese de doutoramento pero tamén implica ler moitísima bibliografía, estar constantemente actualizándote, ler datos para colaborar en proxectos de investigación e a divulgación do que nos facemos e que debería chegar á sociedade.
Soe pensarse na lingüística como unha disciplina que só estuda a gramática ou os diccionarios. Como contribuen investigacións como as súas a entender mellor os cambios sociais e cuturais da Galicia actual?.
A lingua acompáñanos todos os días aínda que ás veces non somos conscientes. Poñer o foco en estudar como falamos axúdanos a comprender como cambian as relacións sociais ou as formas de convivencia. Investigar a lingua tamén é investigarnos a nós. Eu intereseime na pragmática porque é unha disciplina que estuda como empregamos a lingua na vida real. Non só nos centramos no significado das palabras, senón que nos centramos en como nos comunicamos en función do contexto ou das relacións que temos coas persoas coas que estamos falando. A pragmática é unha disciplina que é moi próxima á realidade e para min iso é un dos aspectos máis interesantes da investigación porque nos permite entender como nos relacionamos.
Está rematando a tese doutoral, pero xa sabe cara onde se dirixen as súas próximas investigacións? Hai algún novo fenómeno comunicativo ou social que lle chame especialmente a atención para analizar no futuro?
A carreira de investigadora non é fácil nin estable. É habitual encadear contratos temporais e ter que cambiar de cidade ou de país para poder seguir investigando. A verdade é que ao rematar a tese ábrese un abismo no que non sabes cara onde tirar. Para min é unha profesión moi gratificante porque hai unha satisfacción moi difícil de explicar cando atopas resposta a unha pregunta que non a tiña ou cando un artigo teu é publicado. Sería moi ilusionante continuar o camiño pero aínda non teño claro como vai seguir. O que máis pegado vai a miña tese pode ser a recepción e xa teño algo encaminado no estudo da recepción do piropo e abrir as liñas dos piropos dixitais.
Suscríbete para seguir leyendo
- Rescatada del agua una persona que flotaba boca abajo en una playa de Sanxenxo
- Dos toneladas de microplásticos llegan a la ría de Vigo cada año desde el Morrazo
- «Ya no me queda nada por hacer en el partido ni en la política»
- Abraham Mateo consigue dejar 'loco enamorado' al público de Castrelos
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- La estudiante viguesa del campus de Pontevedra, Marta Domínguez, se proclama de nuevo campeona de squash del mundo universitario
- Un Celta 'in crescendo' empata ante el Nápoles
- Tres heridos en dos accidentes de tráfico en Cangas y Moaña