Cultura tradicional
A Romaría da Fervenza reunirá sete agrupacións en Escuadro
A cita celebrarase o 2 de agosto cun programa de música tradicional, gastronomía, xuntanza cabalar e posta en valor da contorna natural da Fervenza

Presentación da Romaría diante do Concello de Silleda. / Cedida
Redacción
A parroquia de Escuadro acollerá o vindeiro domingo 2 de agosto a XII Romaría da Fervenza, unha cita xa consolidada no verán silledense que volverá combinar música tradicional, gastronomía e convivencia nunha das contornas naturais máis singulares do municipio. O Concello de Silleda acolleu este mércores a presentación dunha nova edición que reunirá centos de persoas arredor da cultura popular galega.
Nesta ocasión participarán sete agrupacións: Agrupación Acordeóns Lalín, Grupo de Gaitas Repenicando e Pandereteiras Ponte da Prata, tamén de Lalín; Lume na Lareira e Gaiteiros Os Pereiriños, ambos da Estrada; Pau de Buxo, de Saídres (Silleda) e O Son da Fervenza de Escuadro, que exercerá como grupo anfitrión.
A celebración contará tamén co tradicional menú «A Fartar», cun prezo de 28 euros para persoas adultas e 10 euros para menores de ata 10 anos. As entradas xa están á venda en Maripepa, en Silleda; A Devesa e A Taberna de Graba, nesta parroquia; Mesón C&L, en San Fiz; Café Bar Atly, na Bandeira; e Dama do Río, no Foxo (A Estrada). A reserva previa é obrigatoria e poderá realizarse ata o 29 de xullo.
O programa completarase coa Xuntanza de Cabaleiros, servizo de polbeiría, xantar a cargo de Mesón A Roda e bar atendido por Rey de Moreira. Desde o Concello destacaron o traballo da organización para manter viva unha romaría que contribúe á promoción da música tradicional, á dinamización da parroquia de Escuadro e á posta en valor da Fervenza como espazo de encontro, patrimonio e natureza.
- Dónde (y dónde no) ver el eclipse de este miércoles cerca de Vigo
- El cultivo de la cebada se extiende por Galicia: Hijos de Rivera se alía con 27 agricultores de A Limia y alcanza las 850 hectáreas
- Cada año 200 profesores piden compaginar la docencia con otro puesto de trabajo
- Denuncian a la protectora Os palleiros de Pontevedra por la desaparición y acogida posterior de una perra en Poio
- El Casino de Pontevedra mantiene la tradición: 22 chicas, «presentadas en sociedad»
- Dos policías nacionales salvan a una mujer que se quedó inconsciente al atragantarse en un bar de Vigo
- Pinchan las ruedas de 10 coches de portugueses en la playa de Areacova
- «Montando guardia» ante el escenario de D.Valentino en Pontevedra: «Yo llevo aquí desde las nueve»